ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Máis de 10.000 escolares participarán na XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, inauguraron esta mañá na Galería Sargadelos a Campaña Municipal de Animación á Lectura que cumple xa dezasete edicións. Na inauguración tamén estiveron presentes o representante de Correos e o da Fundación Sargadelos.
EDUCACIÓN
Aberto o prazo para apuntarse ao Programa de Conciliación de Semana Santa
A concellería de Educación e Cidadanía vén de abrir o prazo para solicitar praza no programa de conciliación de Semana Santa. Permanecerá aberto ata o vindeiro 4 de abril.
ALCALDÍA E EMPREGO
Remata o Obradoiro de Emprego Ecotur II co acondicionamento dun novo tramo da rota dos ríos de Brañas de Sar
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, fixeron hoxe a entrega de diplomas ás persoas participantes no Obradoiro de Emprego Ecotur II que se desenvolveu do 1 de setembro ao 28 de febreiro.
TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade a xornalistas de Alemaña para promocionar as rutas de Lufthansa
Un total de nove xornalistas de medios do sur de Alemaña visitan a cidade durante catro días nunha acción organizada en colaboración con Lufthansa, que hoxe empezou a operar en Lavacolla. Ademais, o pasado mes de febreiro foi o mellor dende o Ano Santo 2010 en pernoctacións na cidade, cun crecemento do 40% do turismo internacional.
CONSORCIO
Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen este martes un novo concerto no Paraninfo da USC
Esta iniciativa enmárcase no ciclo "A Escola na Cidade" e é gratuíta ata completar o aforo.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia rinde homenaxe a Mozart nos seus concertos desta semana
O director ruso Maxim Emelyanychev, de 29 anos, levará a batuta nos concertos que a Real Filharmonía de Galicia tocará o xoves 30 ás 20.30 horas no Teatro Afundación de Vigo e o venres 31, tamén ás 20.30 horas, no Auditorio de Galicia. En ambas as actuacións os músicos renderán homenaxe a Mozart, mestre do Clasicismo e considerado como un dos compositores máis influíntes da historia.
ESPAZOS CIDADÁNS
O martes 28 comezan os labores de asfaltado na rúa de Montero Ríos
Mañá pola mañá comezarán, se as condicións meteorolóxicas o permiten, os labores de asfaltado na rúa de Montero Ríos. Deste xeito, a reforma desta céntrica rúa entrará na súa fase final. A Concellería de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade explica que, por mor destes traballos, impedirase o acceso aos garaxes en boa parte da xornada.