FEIRA
O II Car Outlet Motorocasión porá á venda arredor de 400 vehículos
O recinto feiral de Amio acollerá este venres e a fin de semana a segunda edición do Car Outlet Motorocasión. Salón do Vehículo Usado e de Ocasión, que terá unha extensión de 4.500 metros cadrados. Na presentación do evento estivo a primeira tenente de alcalde, María Rozas, acompañada do director do Salón, José Enrique Elvira.
DEPORTE
Preto de 100 atletas participarán na XV edición do Duatlón Cidade de Santiago
A Concellaría de Deporte colabora un ano máis na organización do Duatlón Cidade de Santiago, que alcanza xa á súa XV edición. Desta vez celebrarase o vindeiro sábado, 18 de marzo, nun circuíto no Polígono da Costa Vella.
POLÍTICAS SOCIAIS
O programa "Muralismo en Compostela" finaliza con tres intervencións artísticas feitas coa técnica do graffiti
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, achegouse este martes ao CEIP das Fontiñas para ver o resultado final dunha das tres intervencións artísticas que se levaron a cabo na cidade ao abeiro do programa Muralismo en Compostela.
MEDIO AMBIENTE
Meixonfrío contará cunha nova área de xogos infantís
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou este martes o proxecto do novo parque infantil de Meixonfrío, que estará situado na rúa Ofelia Nieto. A súa instalación foille adxudicada na última Xunta de Goberno á empresa Lappset España, por un importe de 58.073,39 euros, IVE incluído.
CONSORCIO
O violinista francés Amaury Coeytaux e o trompista estadounidense Eric Terwilliger formarán a músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do trompista estadounidense Eric Terwilliger e do violinista francés Amaury Coeytaux, que ofrecerá ademais un concerto en Santiago acompañado da Real Filharmonía de Galicia. Xunto aos alumnos/as da Escola, tamén poden...
CONSORCIO
Últimos días para visitar na Casa do Cabido a mostra de retratos realizados por Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus
Baixo o título Rostros, o Consorcio de Santiago promoveu unha exposición de retratos realizados polo pintor Carlos Maside a personaxes contemporáneos seus durante os anos 20 e 30 do pasado século. A mostra exhíbese na Casa do Cabido, na praza das Praterías, dende o pasado 15 de decembro. Ao longo destes tres meses visitaron a mostra máis de 3.000 persoas. O último día para percorrela é o vindeiro domingo, día 19.