ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde reuniuse con Paula Villar, do Foro de Vida Independente de Galicia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse con Paula Villar, representante do Foro de Vida Independente de Galicia "VIGalicia" e da plataforma Queremos unha Compostela sen Barreiras. Na xuntanza tamén participou a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.
CONVIVENCIA
Uns 300 escolares de Primaria participarán este venres nunha xornada sobre seguridade viaria na praza do Obradoiro
Este venres, 10 de xuño, de 10:00 a 13:00 horas, celébrase o Día Mundial da Seguridade Viaria. Con tal motivo, o Concello organizou a Semana da Educación Viaria, un programa de actividades que se pechará precisamente este día cunha xornada sobre seguridade viaria na praza do Obradoiro. Haberá talleres, música, unha xincana e outras actividades durante unhas horas nas que un dos protagonistas será Moito Olliño, a mascota do Programa de Educación Viaria da Policía Local.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Goberno local presenta a ordenanza Compostela +, formada pola renda básica municipal e as prestacións de rescate social
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, deu conta esta mañá dos detalles da nova ordenanza Compostela +, aprobada o pasado venres en Xunta de Goberno e que será sometida á consideración do resto de grupos municipais no Pleno ordinario do mes de xuño. A proposta xa foi presentada á oposición e ás entidades sociais da cidade, que a enriqueceron aportando as súas achegas.
IGUALDADE
Nace "Compostela, Territorio das Mulleres", un proxecto novidoso para facer de Santiago un concello referencia en igualdade
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o proxecto Compostela, Territorio das Mulleres, cuxos detalles se darán a coñecer máis polo miúdo na gala que terá lugar mañá martes, ás 19:00 horas, no Museo do Pobo Galego.
POLÍTICAS SOCIAIS
Aberto ata o 21 de xuño o prazo de presentación de solicitudes para as bolsas de comedor do curso 2016/2017
O BOP publica hoxe a convocatoria para a solicitude de bolsas de comedor escolar do curso 2016/2017. O Goberno local duplicou estas axudas, destinando 360.000 euros ás mesmas.
MEDIO AMBIENTE
Entregados os premios dos concursos Compos-3D e Compos-Foto, convocados con motivo do Día do Medio Ambiente
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presidiron no Salón Nobre do Pazo de Raxoi a entrega dos premios aos gañadores dos concursos Compos-3D e Compos-Foto, no marco das actividades organizadas polo Concello, Ferrovial Servizos e a Universidade de Santiago con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado onte domingo.