TURISMO
A praza de Mazarelos acollerá un mercado tradicional, gastronomía, actividades e obradoiros para celebrar o San Xoán
A praza de Mazarelos será o punto central das actividades do novo festival organizado polo Concello de Santiago, a través de Turismo de Santiago, para promocionar as Festas de San Xoán como un atractivo turístico da cidade. O evento arrancará a tarde do xoves 23, completando a programación que artellarán para o Día de San Xoán os distintos colectivos, barrios e asociacións da cidade, enriquecéndoa con accións que se prolongarán ata o sábado 25 para festexar a chegada dos días máis...
DEPORTE
O campo de Conxo acollerá o IV Campus de Fútbol da Fundación Atlético de Madrid
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá o IV Campus de Tecnificación organizado pola Fundación Atlético de Madrid. Na rolda estivo acompañado polo seu coordinador, Héctor Antelo.
MEDIO AMBIENTE
Os CEIPs de Roxos e Mestre Rodríguez Xixirei gañan a primeira campaña "Reciclar na escola ten premio"
O edificio Cersia, en San Lázaro, acolleu este mediodía a entrega dos premios da primeira campaña "Reciclar na escola ten premio", enmarcada no programa Tropa Verde. O acto estivo presidido polo alcalde, Martiño Noriega, e contou coa asistencia dos concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, así como de representantes das empresas colaboradoras.
ALCALDÍA
Inaugurada na Alameda a exposición conmemorativa "15 anos do ProxectoTERRA"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu á inauguración da exposición conmemorativa 15 anos do ProxectoTERRA, organizada polo Colexio de Arquitectos de Galicia e instalada no Paseo da Ferradura da Alameda. Está composta por oito prismas onde se mostra o transorrer desta iniciativa de cooperación co mundo da educación, dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria.
CONSORCIO
Nove alumnos e alumnas da Escola de Altos Estudos Musicais tocarán este mércores como solistas coa Real Filharmonía de Galicia
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral, un curso de posgrao recoñecido como título propio pola Universidade de Santiago que naceu hai cinco anos como unha experiencia pioneira en España. Diríxese aos que remataron os seus estudos musicais e buscan integrarse nunha orquestra. Como colofón ao ano académico, varios alumnos do centro, seleccionados polo seu nivel de excelencia, participan como solistas nun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG).
ACCIÓN CULTURAL
"A frauta máxica", primeira das proxeccións de óperas do festival Aix-en-Provence
O Auditorio de Galicia acolle a proxección da ópera A frauta máxica, de Mozart interpretada no Festival d’Aix-en-Provence 2014. Será mañá, martes 21, a partir das 20:00 horas, na Sala Mozart, con entrada libre.