ALCALDÍA
O alcalde abriu o Maratón de Lectura da Fundación Granell, dedicado a Rosalía
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, abriu o xa tradicional Maratón de Lectura organizado pola Fundación Eugenio Granell e dedicado este ano a Rosalía de Castro. De 11:00 ás 14:00 e de 17:00 ás 20:00 horas, calquera que se achegue á Fundación pode escoitar ou participar lendo algún fragmento da obra da escritora.
ACCIÓN CULTURAL
Cristina Pato e Santiago Auserón xunto á Real Filharmonía de Galicia na programación cultural do mes de xuño
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou a programación cultural para este mes de xuño, no que Cristina Pato e Santiago Auserón acompañan á Real Filharmonía de Galicia en dous concertos moi especiais. Ópera, concertos da Banda, Ataque Escampe e Chicharrón, e a programación especial con motivo do Día da Música (21 de xuño), completan a oferta.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
Un grupo de reclusos do Centro Penitenciario de Segovia conclúe o seu Camiño de Santiago
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu na praza do Obradoiro un grupo de reclusos do Centro Penitenciario de Segovia que realizou o Camiño de Santiago. Logo compartiu con eles uns minutos no salón vermello.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concellaría de Educación e Cidadanía recupera os premios "Educacompostela" seis anos despois da súa última edición
O concelleiro de Educación, Manuel Dios, presentou esta mañá a IX edición dos premios Educacompostela, que o Departamento de Educación e Cidadanía e Nova Escola Galega recuperan despois de seis anos. Estes galardóns queren recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que, polo seu valor e interese, poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
CONSORCIO
O alcalde visita a última fase das obras do 1º Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación da Península
O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega, visitou esta mañá as obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá na Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. Na visita estiveron tamén o xerente da Fundación Laboral da Construción en Galicia, Fernando García Novo; e, por parte do Consorcio de Santiago, a súa xerente,...
MEDIO AMBIENTE
Unha limpeza do Sarela iniciou as actividades con motivo do Día do Medio Ambiente
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, achegouse ata Santa Isabel e Galeras con motivo dos traballos de limpeza de limpeza do cauce do río Sarela. Esta foi a primeira actividade do programa co que se celebrará o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño).
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Esgotadas as prazas dispoñibles para o Programa Municipal de Conciliación de Verán
Finalizado o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Verán, que se desenvolverá nas instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raíña Fabiola nos meses de xuño, xullo e setembro, a Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que non quedan xa prazas dispoñibles. Nos próximos días publicaranse os listados de admitidos e excluídos.