MOBILIDADE
O Plan de Mobilidade en Conxo comeza o 12 de xaneiro para permitir a construción do túnel, que eliminará o 90% do tráfico de superficie
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Alejandro Sánchez-Brunete, presentou en rolda de prensa o Plan de actuación sobre a mobilidade da rotonda de Conxo, que inclúe as solucións técnicas máis acaídas para que as alteracións no tráfico que se causen con esta obras sexan as estritamente necesarias. Para a elaboración do plan realizáronse máis de 3.700 enquisas entre os veciños da zona que permitiron facer un estudo detallado sobre os patróns de mobilidade. A obra ten unha...
COMERCIO
O Mercado da Estrela regresa esta fin de semana a Santiago de Compostela para celebrar a súa 3ª edición
A feira do talento galego terá lugar no CGAC, no Museo do Pobo Galego e nunha carpa con postos de comida e bebida a partir das 11h, e ofrecerá un atractivo abano de agasallos de Nadal e unha variada programación lúdico-cultural de balde para todas as idades. Na rolda de prensa de presentación estivo presente a concelleira de Comercio, Reyes Leis.
ALCALDÍA
O alcalde asina o convenio coa Xunta de Galicia para a construción do aparcadoiro de Pontepedriña
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou hoxe o convenio coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, para a construcción do aparcadoiro de Pontepedriña. Este espazo vai permitir achegar aos cidadáns unha ampla superficie ben acondicionada e comunicada para deixar o automóbil e acceder en poucos minutos ao centro do Ensanche, de forma segura, cómoda e gratuíta. As obras licitaranse nos primeiros días de xaneiro por máis de 840.000 euros.
CULTURA
A Real Filharmonía de Galicia interpreta por primeira vez `Tristán e Isolda´, de Wagner, considerado o máis transcendente dos dramas músico-teatrais xamais escrito
Os músicos estarán acompañados polas voces da soprano Jane Irwin no papel de Isolda, o tenor Christian Voigt como Tristán e a mezzosoprano Anne Marie Owens como a serventa Brangäne
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago realiza melloras na igrexa de Santa Mariña de Verdía, destinadas a atallar os efectos da humidade no templo
A intervención, cuxo orzamento ascende a 40.140 euros, podería estar rematada en poucos meses.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O grupo Os Caníbales leva a Vite o seu show dos 80
A Concellería de Centros Socioculturais ten organizada para este xoves 18 de decembro ás 19.30h a actuación do grupo musical Os Caníbales, co título "unha re-volta aos anos 80". Será no CSC de Vite.
ALCALDÍA
O alcalde asiste ao preestreo de `Códice´, rodada en Santiago
O rexedor compostelán, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu no Teatro Principal ao preestreo da miniserie Códice, que recrea o roubo do Códice Calixtino, acontecido en xullo de 2011.