EDUCACIÓN
Os pequenos e pequenas das escolas infantís municipais celebraron o Día do Neno
A concelleira de Educación, María Castelao, asistiu aos actos con motivo da celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno celebrados na Escola Infantil de Fontiñas.
ALCALDÍA
Curtocircuíto estrea director, Pela del Álamo, e novas datas para a súa semana oficial
Do 9 ao 13 de decembro celebrarase a semana oficial da décima edición do Festival Internacional de Cutrametraxes Curtocircuíto. O certame estrea director, Pela del Álamo, quen foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Ángel Currás.
DEPORTES
O mellor do ciclocross galego reúnese un ano máis na Granxa do Xesto
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XII Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago, que se celebrara o domingo 24 de novembro, a partir das 10:30 horas, no entorno da Granxa do Xesto, nas categorías elite, sub-19, master 30, 40 e 50, júnior, cadete, féminas e sénior. Esta é a única proba de categoría nacional nesta modalidade no calendario desta temporada en Galicia. A organización corre a cargo do Club Ciclista Muebles Compostela, coa colaboración do Concello de Santiago e da Federación Galega de...
ALCALDÍA
O alcalde escoitou as peticións dos nenos e nenas de Compostela nun pleno infantil
A Casa do Concello acolleu un pleno infantil con motivo do Día internacional dos Dereitos do Neno, coa participación de escolares dos colexios Peleteiro e La Salle.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Auditorio acolle unha función do espectáculo infantil de dinamización lingüística "Acuario"
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañados pola escritora María Canosa e polo responsable de Edicións Embora (empresa xestora da actividade), Miguel Toval, presentaron o espectáculo de dinamización lingüística Acuario, incluído no programa FalaRedes 2013. Esta proposta chega a Santiago o domingo 24, cunha función de balde ás 12:00 horas na Sala Mozart do.../em>
TURISMO
Santiago volverá a ter conexión aérea con Roma durante o verán
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, anunciaron a apertura dunha nova conexión internacional en Lavacolla, co aeroporto de Fuimicino, en Roma. Dende o 21 de xuño e ata o 12 de setembro, Vueling operará este voo con dúas frecuencias semanais.
ALCALDÍA
As veciñas e veciños de Angrois recibirán o vindeiro sábado a Medalla de Ouro da cidade
A Capela do hostal dos Reis Católicos acollerá o vindeiro sábado, 23 de novembro, ás 18:00 horas, o acto de imposición da Medalla de Ouro da Cidade de Santiago de Compostela ás veciñas e veciños de Angrois.
ECONOMÍA
Santiago acolle un encontro de inversores, analistas e emprendedores do sector das TIC
A concelleira de Comercio e Emprego, Reyes Leis, asistiu á rolda de prensa de presentación do IV Encontro Vindeira Capital Network (VCN), que se celebrará en Santiago os días 21 e 22 de novembro. Está organizado polo Cluster TIC Galicia coa colaboración do Concello de Santiago, XesGalicia, IGAPE e CFV.
CULTURA
"The broken circle breakdown (Alabama Monroe)", candidata aos premios Lux, chega a Cineuropa
Na xornada do xoves 20 poderemos ver en Cineuropa un total de 16 filmes, entre os que destacamos o primeiro pase de The broken circle breakdowm (Alabama Monroe), de Groeningen, nomeada aos premios Lux e dos que falaremos ao remate da súa proxección. Teremos novos pases do filme o venres 22 e o sábado 23. Ademais, tamén veremos por primeira vez L’image manquante, de Panh, e, por vez última, La Jalousie, de Garrel; Les destinées sentimentales, de Assayas, e Seven days in may, de Frankenheimer.