CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Outono Fotográfico chega un ano máis aos centros socioculturais de Santiago
A Concellería de Centros Socioculturais colabora un ano máis co Outono Fotográfico en Santiago de Compostela. O festival, promovido pola Fundación Benito Losada, cumpre a súa XXXI edición, con presenza nos locais socioculturais da cidade ata finais deste 2013.
BENESTAR SOCIAL
O Concello reafirma o seu compromiso co labor do Albergue Xoán XXIII
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitou o Albergue Xoán XXIII en compañía do seu director, Francisco Castro, co que falou dos programas que subvenciona o Concello e das necesidades actuais do centro, que nos últimos anos veu incrementado de forma significativa o seu número de usuarios.
XUNTA DE GOBERNO
Viso contará ao fin con beirarrúas
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, adxudicou dúas actuacións do programa municipal de obras en zona urbana e suburbana, en Viso e en San Xoán de Afora-Romaño. Tamén se deu o visto bo á modificación dos modelos de comunicación e solicitude de licenza para usos e obras.
CULTURA
Under’18 presenta a Auryn, Xuso Jones, Critika&Saik e Sweet California na Capitol
Chega de novo á cidade Coca-Cola Music Experiencie Under’18, enmarcado dentro do ciclo Compostela Rock. Será este venres 1 de novembro, na Sala Capitol, cando poderemos escoitar a Auryn, Xuso Jones, Critika&Saik e Sweet California. As entradas, a 16 euros máis gastos, poden mercarse na rede Ticketmaster e na billeteira do Teatro Principa,l que está aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.
PLENO
A Corporación aproba a concesión da Medalla de Ouro da Cidade aos veciños e veciñas de Angrois
A Corporación municipal aprobou en Pleno por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro da cidade aos veciños e veciñas da parroquia de Angrois, en recoñecemento público a súa actuación solidaria con motivo do tráxico accidente ferroviario do 24 de xullo.