EDUCACIÓN
Os mexicanos David Álvarez e Julia Díaz recibiron o seu galardón como gañadores do Premio Compostela de Álbums Ilustrados
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, presidiu o acto de entrega de premios aos mexicanos David Álvarez e Julia Díaz, gañadores do V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Antes, os artistas impartiran unha clase ao alumnado ao alumnado e profesorado de 1º e 2º de Bacharelato Artístico do IES de Sar. Na mesma, os artistas explicaron a técnica e o proceso de creación do álbum galardoado, Bandada.
ALCALDÍA
Ángel Currás avoga por unha maior presenza da sustentabilidade nas axendas locais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou na inauguración do o Foro de Intercambio de Experiencias Sostibles, Congreso DeSoUrb (Desenvolvemento Sostible Urbano), que se celebra no Auditorio de Galicia os días 7 e 8 de novembro.
ALCALDÍA
O alcalde falou de mobilidade cos taxistas
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os representantes da Asociación de Taxis, que lle expresaron as principais inquedanzas do sector. No encontro tamén participou o concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez.
URBANISMO
O Concello aforrará medio millón de euros anuais coa disolución de Emuvissa e integrará todo o seu persoal
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta do acordo do Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela para a disolución desta sociedade. Ademais, anunciou que os sete traballadores da mesma quedarán integrados no Concello de Santiago.
FESTAS
Luar na Lubre edita o concerto da praza da Quintana do 31 de xullo
Luar na Lubre publica Sons da lubre nas noites de luar, unha caixa con 3CD+DVD, que recolle o mellor dos seus 25 anos de carreira. Son 45 cancións, sete videoclips e un concerto gravado ao vivo na praza da Quintana, o 31 de xullo, no marco das Festas do Apóstolo.
DEPORTES
Bota a andar a nova Escola de Atletismo do Club Fontes do Sar
A Concellería de Deportes dá a benvida ao panorama deportivo compostelán ao Club de Atletismo Fontes do Sar. Este club nace hai tres anos cando, despois de moitas quedadas, un grupo de amigos amantes das carreiras e da actividade física que adestraban xuntos na instalación municipal de Sar deciden federarse e agruparse como club. Neste curto período de tempo incrementaron significativamente o número de licencias, contando na actualidade cunhas cen persoas no club.
CULTURA
Arranca Cineuropa cun documental sobre Jimi Hendrix e o concerto de Juan Perro
Comeza Cineuropa e faino con esa conxunción entre cinema e música que é unha das protagonistas desta edición. Este xoves, ás 18:00 horas, o CGAC será o escenario da primeira das proxeccións desta 26ª edición do festival. Poderemos ver o documental Jimi Hendrix con entrada libre ata completar aforo. E despois, ás 21:00 horas e enmarcado dentro do ciclo Intimo & Acústico a primeira das citas co Cineuropa Concerto: Juan Perro. As entradas, 18 € anticipada (15 € no anfiteatro) e 20 € (18 € no anfiteatro) o...