ALCALDÍA
O alcalde recibe a Asociación Cidade Vella para escoitar as súas demandas
O rexedor compostelán, Ángel Currás, recibiu esta mañá na Alcaldía os integrantes da asociación cultural Cidade Vella para tratar con eles asuntos como o mantemento dos convenios de índole cultural ou a axilización dos trámites das terrazas interiores en locais de ocio.
MOBILIDADE
Normalidade na entrada en funcionamento dos novos parquímetros na zona vella
O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, sinalou que os usuarios se afixeron rapidamente ao novo sistema e non se rexistraron incidencias ao respecto.
EDUCACIÓN
O Concello anima ás familias compostelás a convertirse en acolledoras de nenos saharauís durante os meses de verán
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, presentou o Programa Vacacións en Paz, concibido coma un exercicio de solidariedade e axuda desinteresada cun obxectivo claro: proporcionar os nenos e nenas saharauís unhas vacacións estivais en condicións menos duras que no seu país de orixe, onde neses meses chegan a rexistrarse 50 graos de temperatura. O prazo para solicitar a acollida está aberto ata o vindeiro 15 de novembro.
XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude pon en marcha no instituto Xelmírez campañas informativas sobre asuntos de interese para os rapaces
Adrián Varela, concelleiro de Xuventude, presentou as accións formativas que se desenvolveron durante todo o día no I.E.S. Arcebispo Xelmirez I. Nesta xornada informativa, que tivo lugar no horario escolar, participaron arredor de 300 mozos e mozas.