CULTURA
Últimos días para ver a exposición "Korda. Coñecido, Descoñecido" no Auditorio
O domingo 27 pecha as súas portas a exposición Korda. Coñecido, Descoñecido, que se puido ver nos últimos meses no Auditorio de Galicia, organizada pola Concellaría de Cultura. A mostra, que se inaugurou o 22 de decembro de 2010, foi xa visitada por centos de persoas. Todos aqueles que non puideran asistir aínda teñen esta semana a última oportunidade en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
CULTURA
Chega ao ciclo Sons da Diversidade Ana Moura, a nova estrela do fado
O sábado 26 hai unha nova cita con Sons da Diversidade, ciclo organizado pola Concellaría de Cultura. Será a partir das 21.00 horas da man da nova estrela do fado, Ana Moura. As entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.
ALCALDÍA
O alcalde denuncia o maltrato da Consellería de Educación en relación á Escola Oficial de Idiomas e á Escola de Hostalería
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cualificou como "grave" a actual situación da Escola Oficial de Idiomas (EOI) e denunciou a falta de compromiso orzamentario da Consellería de Educación para a construción dun novo edificio para a mesma. Do mesmo xeito, lamentou o "maltrato" do mesmo organismo autonómico respecto ao recoñecemento da titulación oficial para a Escola de Hostalería.
ALCALDÍA
A Escola de Salgueiriños permitirá a Santiago superar os estándares europeos de escolarización infantil pública
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitaron as obras Escola Infantil Municipal de Salgueiriños, proxecto incluído no programa Urbana Santiago Norte, que conta cunha achega do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
MEDIO AMBIENTE
Santiago súmase á "Hora do Planeta" apagando o alumeado público en varias localizacións da cidade
A Concellería do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable fai un chamamento aos veciños de Santiago para que mañá sábado, 26 de marzo, ás 20:30 horas, se sumen á Hora do Planeta, unha iniciativa coa que quere amosar o compromiso local cun cambio global en beneficio do medio ambiente. No marco desta iniciativa, cidadanía, empresas, institucións e gobernos de todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora como chamada de acción na loita contra o cambio climático.
CIDADE HISTÓRICA
A OCiHR loce unha nova placa comemorativa do Premio Cidades Patrimonio da Humanidade 2010
A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, destapou a placa conmemorativa do Premio Cidades Patrimonio da Humanidade 2010, convocado polo Ministerio de Cultura, e que foi instalada na entrada da Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación.
ALCALDÍA
Confortables escaleiras e sinxelas referencias lineais para San Clemente
A reurbanización da área de San Clemente supuxo un cambio total na súa topografía. Ademais, os veciños e visitantes atópanse agora cos restos da fonte do século XVI aparecida no lugar. A piques de rematar os traballos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o lugar acompañado pola concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira.