PLENO
A Corporación aproba unha declaración en defensa da integridade da USC e da titulación de Medicina
Nun Pleno extraordinario convocado ao efecto, a Corporación municipal aprobou por unanimidade unha declaración institucional en defensa da Universidade de Santiago e da titulación de Medicina.
URBANISMO
Os beneficios de Emuvissa superaron os 394.000 euros en 2009
O Consello de Administración de Emuvissa, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou formular as súas contas anuais correspondentes ao exercicio do 2009. A sociedade presentou un resultado final, despois de impostos, cun beneficio de 394.457,34 euros.
URBANA
Constituído o órgano de participación cidadá do proxecto Urbana Santiago Norte
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto polo que se constituíu o órgano que canalizará as suxestións e peticións das asociacións de veciños do ámbito norte da cidade, sobre o que actuará o proxecto Urbana, financiado con fondos europeos.
MOBILIDADE E TRANSPORTES
O aparcadoiro de Xoán XXIII incorpora un servizo de custodia de bicicletas e mochilas
O xoves 1 de abril porase en marcha no estacionamento de Xoán XXIII un estacionamento para bicicletas privadas e unha consigna para mochilas. Así se acordou no último Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA), que pechou o exercicio 2009 cun resultado positivo de 12.915 euros.
MEDIO AMBIENTE
Compostela acollerá a primeira xornada de traballo do Proxecto Parques Urbanos Atlánticos-ParkAtlantic
A cidade será escenario o 8 e 9 de abril da constitución e primeira xornada de traballo do comité directivo do proxecto Parques Urbanos Atlánticos-ParkAtlantic, pertencente ao programa INTERREG-UV B Cooperación Transnacional do Espazo Atlántico. Este proxecto está liderado pola Concellaría de Medio Ambiente e nel participan como parceiros a Mairie d’ Angers (Francia); Mid-West Regional Authority (MWRA areas of Counties Clare, Limerick & North Tipperary and Limerick City) (Irlanda); Communauté...