COMERCIO
O Plan de Mellora para os Comercios en Activo ofreceu 23 propostas personalizadas para aumentar a rendibilidade do negocio
Presentáronse os resultados da primeira fase do Plan de Mellora para os Comercios en Activo, na que se realizaron 23 estudos de tres áreas: decoración e interiorismo, xestión de stocks, e análise da oferta comercial. Este programa constitue unha ampliación dos Servizos que presta o Servizo de Apoio á Empresa (SAE).
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de estacionamento público en Salgueiriños
A Xunta de Goberno aprobou diversas contratacións, boa parte delas relativas a obras e actuacións contempladas no Fondo Estatal para a Sostibilidade Local. Á marxe destas, salienta o visto bo proxecto do aparcadoiro público en Salgueiriños.
URBANISMO
Visto bo a 174 novas vivendas no SUD-7 de Vite de Arriba
A Xunta de Goberno municipal aprobou inicialmente o Plan parcial de ordenación do SUD-7 de Vite de Arriba. Alí prevese a construción dun máximo de 174 novas vivendas, das que 134 serán libres e o resto de protección oficial.
ALCALDÍA
O alcalde pide en Bruxelas que no Museo de Europa haxa unha sección sobre o Camiño
Na súa segunda xornada en Bruxelas, o alcalde de Santiago compartiu un almorzo de traballo co Intergrupo Parlamentario do Camiño de Santiago, que preside o popular Francisco Millán Mon.