PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións rende homenaxe a Isaac Díaz Pardo
A Casa das Asociacións, como espazo de encontro e relación da Concellaría de Participación Cidadá, está a promover ao longo do ano diversos actos de recoñecemento público a composteláns destacados no eido do asociacionismo ou cuxo percorrido vital ou profesional deixasen unha pegada no imaxinario da nosa cidade. Así, o xoves 18 de marzo, o homenaxeado será Isaac Díaz Pardo.
CULTURA
"Revelando Voces" lanza un ano máis aos novos intérpretes de Compostela
O Ciclo Revelando Voces pretende achegar un ano máis aos centros socioculturais de Compostela sons de diferentes formacións locais, buscando novos públicos e nova proxección para estes intérpretes. Os artistas interesados en participar nesta nova convocatoria xa poden presentar a súa solicitude ata o 22 de marzo.
ALCALDÍA
O Concello homenaxeou a oito mulleres exemplares no seu labor en prol dos demais
Oito mulleres de diversos ámbitos profesionais, pero cunha recoñecida traxectoria social e en prol dos demais, recibiron a homenaxe da cidade nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos. Pechouse así o programa municipal de actividades con motivo do Día Internacional da Muller, celebrado o 8 de marzo.