CONSORCIO
Presentada a restauración do retablo maior da capela das Ánimas
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á presentación da restauración do retablo maior da capela das Ánimas. O retablo, que representa a Crucifixión, é o máis espectacular do conxunto, tanto polas súas dimensión como por ocupar o lugar central da igrexa.
TURISMO
O Fórum Cidade enche de gastronomía as rúas de Santiago
O Fórum Cidade ofertará un amplo programa de actividades que se desenvolverán en espazos privilexiados da cidade como o Hostal dos Reis Católicos, o Museo do Pobo Galego ou o Mercado de Abastos.
CULTURA
A música e as artes escénicas, protagonistas da programación cultural de febreiro
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron en rolda de prensa a programación cultural de febreiro en Santiago de Compostela, na que a música e as artes escénicas ocupan un lugar destacado. Estrelas internacionais como Rodrigo Leão, Tzimon Barto e Marc Parrot e creadores galegos como David Loira, Quico Cadaval, Mercedes Castro ou Antía Moure, son algúns dos nomes propios da programación do mes.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno ratifica o convenio urbanístico que permitirá a construción do Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural
Nunha nova xuntanza ordinaria da Xunta de Goberno, ratificouse o convenio urbanístico de obtención de terreos grazas ao cal o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) construirá nas Brañas do Sar o seu Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago achegará 600.000 euros para adecuar a explanada de Salgueiriños como aparcadoiro
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a Comisión Executiva do ente interadministrativo. Na reunión aprobouse un convenio co Concello polo cal o Consorcio financiará con 600.000 euros os traballos que se farán na explanada de Salgueiriños para a súa adecuación como aparcadoiro. Tamén se aprobou unha partida de 90.000 euros para apoiar o Fórum Gastronómico que se desenvolverá en Santiago entre o 20 e o 24 de febreiro.