CULTURA
Sons da Diversidade trae sete novas ofertas musicais, dende Laponia ata o Congo
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou a programación completa do ciclo Sons da Diversidade, que nos achegará -coma todos os anos- músicos de calidade procedentes de diferentes culturas do mundo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Produtores, técnicos e consumidores participan nunha xornada informativa sobre comercio electrónico e agricultura ecolóxica
O 19 de novembro celébrase no Centro Sociocultural do Ensanche a xornada GranxaFamiliar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico. Destinada a produtores/as, técnicos/as e consumidores/as, ten como obxectivos impulsar o desenvolvemento socioeconómico e difundir a utilización das novas tecnoloxías da comunicación e da información no medio rural galego, co fin de mellorar a calidade de vida e por en valor a cultura rural.
ALCALDÍA
David Attemborough recolleu o Premio Fonseca 2010 e visitou o Concello
O naturalista David Attenborough, un dos pioneiros en realizar documentais de natureza, recolleu nun acto público o Premio Fonseca 2010, convocado polo Consorcio de Santiago e a USC no marco do Programa ConCiencia. Este divulgador científico inglés colleu así o relevo de Stephen Hawking e James Lovelock, premiados nas dúas primeiras edicións.
CULTURA
Cineuropa estrea o filme "Cancións de pedra"
Cineuropa proxectou en estrea mundial Cancións de pedra, a primeira longametraxe do director compostelán Alejandro Goris. O filme, que "mestura de ficción e realidade", en palabras do seu realizador, reflicte a vida cotiá de "cinco autores que tocan nas rúas de Santiago e teñen en común que hai algo que os atrae e retén na cidade: son almas atrapadas en Compostela".