MULLER

O Concello homenaxea a oito mulleres que romperon barreiras en novos ámbitos laborais

06/03/2009

A ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiron o acto de homenaxe a 8 Mulleres que abren Camiños, con motivo da celebración, o 8 de marzo, do Día Internacional da Muller. Recoñeceuse así o labor de oito mulleres que romperon barreiras en ámbitos laborais novos e que dedicaron e/ou dedican a súa vida ao traballo e á innovación.

Leer más

MULLER

A Banda Municipal de Música ofrece un concerto especial con motivo do Día Internacional da Muller

06/03/2009

O domingo 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Con ese motivo a Banda Municipal de Música preparou un programa especial, en colaboración coa Concellaría de Benestar Social, no que se van interpretar obras realizadas por mulleres ou dedicadas a elas, contando coa presenza da soprano Aida López. Despois do concerto, fallarase o Premio de Investigación Xohana Torres.

Leer más

EMPREGO

O alumnado do Persoa IV visita as depuradoras da Silvouta e do Tambre e o Punto Limpo do polígono industrial

06/03/2009

Unha delegación de 45 persoas, entre alumnado do Proxecto Persoa IV, técnicos do Concello e persoal docente, visitou a Estación de Tratamento de Auga Potable, o Punto Limpo situado no Polígono Industrial do Tambre e a depuradora da Silvouta. O Persoa IV é un programa de inserción laboral que está desenvolvendo a Concellaría de Promoción Económica e Emprego. Este proxecto contempla formar a 120 desempregados/as en dúas quendas de 60 persoas, en especialidades centradas nos servizos e coidados...

Leer más
Compartir: