EDUCACIÓN

O RACC celebra en Santiago o seu centenario cunha viaxe pola historia do automobilismo e da mobilidade en España

09/10/2007

A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, e o presidente do Real Automóbil Club de Catalunya (RACC), Sebastián Salvadó Plandiura, inauguraron a exposición itinerante "RACC, 100 anos de confianza", enmarcada dentro colaboración entre as dúas entidades para a Campaña de educación viaria e na autoprotección. A mostra poderá visitarse do 9 ao 28 de outubro en la Avenida Marqués de Sargadelos (Campus Sur), despois de percorrer xa 13 cidades do Estado en 2007 e ter recibido máis de...

Leer más

TURISMO

"Curtocircuíto", tamén para os nenos

09/10/2007

A IV edición do Festival Internacional "Curtocircuíto" amplía neste 2007 o perfil do seu público, estendendo a oferta cinematográfica aos máis cativos. Deste xeito, os nenos de Santiago, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo van ter a oportunidade de presenciar unha selección de curtametraxes, programada no marco do Festival.

Leer más

CULTURA

Milladoiro únese cun concerto á celebración dos 150 anos da Facultade de Farmacia

09/10/2007

Despois de ser suspendido por mor do mal tempo o concerto previsto para maio, Milladoiro estará finalmente o 11 de outubro, ás 21:00 horas no Palacio de Congresos e Exposicións. Esta actuación, promovida por Caixanova e na que colabora a Concellaría de Cultura, forma parte dos actos de celebración dos 150 anos da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago. O concerto é de balde.

Leer más
Compartir: