CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC de Santa Marta acolle unha exposición sobre a agricultura en Trazo
O Centro sociocultural de Santa Marta acolle desde o venres 7 de marzo ata o 4 de abril a exposición fotográfica producida polo Colexio Público Viaño Pequeno de Trazo que leva por título "A evolución da agricultura e as súa repercusións no patrimonio inmaterial de Trazo".
ALCALDÍA
A Semana Santa céntrase este ano no 800 aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago
O 5 de abril arrancará a Semana Santa en Compostela co pregón do Padre Rodríguez Carballo e contará con 17 procesións. Únese ao calendario a procesión da Oración do Horto, prevista para o martes santo ás 22:30 horas.
ALCALDÍA
O Concello informa da documentación relativa á imputación da Xunta de Goberno Local
Co obxecto de coñecer a información relativa ao procedemento xudicial dos membros da Xunta de Goberno desta cidade que o 30 de maio de 2013 acordaron asumir os gastos de defensa do concelleiro Adrián Varela, xúntanse os documentos obrantes na causa.
MULLER
Charo Barca, María Castro e Chus Iglesias reciben a homenaxe do Concello con motivo do Día da Muller Traballadora
O acto celebrouse no Salón Vermello do Pazo de Raxoi presidido polo alcalde, Ángel Currás, e a concelleira da Área de Servizos Sociais, María Castelao.
CULTURA
Obras de Shakespeare, Delibes, Umberto Eco, Lope de Vega ou Vargas Llosa na programación de teatro para este 2014
Poderemos gozar con propostas tan coñecidas como ‘Julio César’, ‘La odisea’, ‘Cinco horas con Mario’ ou ‘El nombre de la Rosa’. Estarán protagonizadas por actores de recoñecido prestixio como Mario Gas, Tristán Ulloa, Ana Milán, Fernando Guillén.Cuervo, Juan Diego, El Brujo, Natalia Millán ou Ana Belén
TURISMO
Santiago promociónase na feira turística máis importante de Alemaña
Turismo de Santiago participa na ITB, unha das principais feiras turísticas de Europa, que se celebra en Berlín entre o cinco e o nove de marzo.
XUNTA DE GOBERNO
O Consorcio acometerá obras de mellora da accesibilidade no Teatro Principal e a limpeza da fachada sur do Pazo de Raxoi
Os dous asuntos foron aprobados pola Xunta de Goberno Local, da que deu conta en rolda de prensa a súa voceira, a concelleira María Pardo. Nesta mesma sesión deuse luz verde ao proxecto que permitirá a mellora do alumeado no acceso ao Polígono do Tambre desde Son de Abaixo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
As fotografías do III Certame Ruth Matilda Andeson poden verse no CSC de Vite ata o 28 de marzo
O Centro Sociocultural de Vite acolle desde o 5 ata o 28 de marzo as 25 fotografías do III Certame fotográfico "Ruth Matilda Anderson", organizado pola Universidade de Santiago.
ECONOMÍA
Máis de 3.500 persoas participaron nas actividades de dinamización económica do Concello no 2013
O edificio municipal Cersia consolídase como unha referencia para o tecido económico da cidade, con máis de 900 solicitudes de uso dos seus espazos para obradoiros, charlas, xornadas, accións formativas, reunións...
ALCALDIA
O alcalde asiste á presentación dun libro sobre o emprendemento
O acto tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos e contou coa presenza de numeros público interesado na materia.