PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Xornada "Emprende en Compostela" contará cun espazo informático animado polo mago Victor Grande

10/05/2010

A V Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 18 de maio no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia, contará cun espazo informático no que se mostrará, as persoas interesadas, a utilidade das redes sociais para as empresas e para as/os emprendedoras/es. Tanto este espazo web, como o triple espazo promocional para empresas (un espazo no que as empresas de Santiago poden publicitar os seus produtos e servizos de balde), contarán coa animación do mago e cómico Victor Grande.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde salienta o interese dos arcebispos de Santiago e Pisa na consecución do irmandamento entre as dúas cidades

08/05/2010

As cidades de Pisa e Santiago de Compostela ratificaron o seu pacto de irmandamento nun acto celebrado no salón vermello do Pazo de Raxoi. O programa iniciouse coa sinatura no libro de honra do Concello por parte do alcalde de Pisa, Marco Pilippeschi, quen recoñeceu no seu escrito os lazos históricos que unen as dúas cidades e o compromiso de colaboración que o pacto establece.

Leer más

ALCALDÍA

O vicepresidente do Parlamento Europeo compromete a presenza dos Camiños de Santiago no futuro Museo de Europa

08/05/2010

Nas xornadas do programa Santiago-Une, inaugurada baixo a presidencia do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o vicepresidente do Parlamento Europeo, Miguel Ángel Martínez, anunciou a creación do Museo de Europa, que se denominará Casa da Historia Europea, e comprometeu a presenza dos Camiños de Santiago como eixes históricos vertebradores da idea moderna de Europa. "Os camiños e a cidade de Santiago de Compostela –dixo- terán un espacio propio neste proxecto, que vai amosar todo aquilo que representa na historia...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde toma a iniciativa no impulso do Plan Director da Catedral e da celebración do 800 aniversario do templo

07/05/2010

O Concello e a Catedral están pendentes da solicitude ao Ministerio de Economía e Facenda da declaración como acontecemento de excepcional interese público do 800 aniversario da consagración do templo compostelán, que se celebrará en 2011. Segundo o alcalde, este recoñecemento permitiría afrontar unha "execución delimitada no tempo" do Plan Director da Catedral.

Leer más
Compartir: