PRESIDENCIA
Sindo Guinarte participa nas xornadas profesionais de Maker Faire Galicia 2019
O concelleiro de Relacións Institucionais e segundo tenente de Alcalde, Sindo Guinarte asistiu esta mañá á apertura do encontro "Empresas con alma de start up. Maker Faire Galicia 2019". No seu discurso destacou a importancia que ten para Santiago acoller eventos deste tipo, porque "innovación e creación son as claves do éxito do sector industrial e empresarial".
DEPORTES
Unha delegación de 46 deportistas de Compostela competirá na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou a participación de Santiago na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico que se van desenvolver na cidade portuguesa de Braga do 7 ao 12 de xullo. A delegación compostelá está formada por 46 deportistas e 10 técnicos, que competirán nas disciplinas de fútbol 7, natación, baloncesto e atletismo adaptado.
ALCALDÍA
Constituídos os órganos reitores do Auditorio de Galicia, Tussa e Incolsa
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu este venres a constitución do consello reitor do Auditorio de Galicia e dos consellos de administración de Tussa e Incolsa, completando así a organización muncipal, unha vez que este xoves quedaran tamén constituídas as diversas comisións.
ALCALDÍA
O alcalde, honrado por exercer na Ofrenda "unha representación acorde coa cidade e co sentimento da maioría de cidadáns"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, expresou en rolda de prensa o seu agradecemento á Casa Real pola Delegación Rexia para o día 25 de xullo. Xosé Sánchez Bugallo declarouse "moi honrado" por realizar por cuarta vez a Ofrenda, que desta vez se celebrará na igrexa do mosteiro de San Martiño Pinario, ao estar en obras o interior da Catedral.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo visitou a mostra de coches clásicos exhibida no Obradoiro
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou este venres a exposición de coches clásicos organizada na praza do Obradoiro pola asociación comercial Compostela Monumental e o Club Clásicos do Incio.
ALCALDÍA
Constituídas as comisións de Presidencia, Urbanismo, Área Social e Suxestións
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá constitución de catro comisións: Presidencia, Réxime Interior, Modernización da Administración, Facenda e Especial de Contas; Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda, Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos; Área Social, Cultura, Participación, Igualdade e Transparencia; e Especial de Suxestións e Reclamacións.
ALCALDÍA
O alcalde será o delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo Santiago
O Rei Felipe VI designou o alcalde de Santiago delegado rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o vindeiro 25 de xullo na igrexa do mosteiro de San Martiño Pinario. Esta será a cuarta vez que Xosé Sánchez Bugallo exerza esta responsabilidade, tras as ofrendas de 2001, 2005 e 2008, na súa anterior etapa como rexedor municipal.
CONSORCIO
A Fundación Granell acolle a exposición "Figurando lembranzas", 17 cadros de pintores galegos que estiveron exiliados ou emigrados en Latinoamérica
O Consorcio de Santiago está a traballar no proxecto expositivo Imaxinando Compostela, que se presentará nos vindeiros días. A primeira exposición desta proposta inaugurouse este xoves na Fundación Granell, baixo o título Figurando lembranzas. Ao acto asistiu o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; a xerente do organismo, Belén Hernández; o seu responsable de exposicións, Juan Conde; e a comisaria desta serie de exposicións, Mercedes Rozas.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este martes en Córdoba.
TURISMO
Turismo de Santiago ofrece novas visitas guiadas pola cidade da man de Castelao
O concelleiro de Turismo, Gumersindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron no Pazo de Raxoi a "Visita guiada da man de Castelao polas rúas de Compostela", novas visitas que a entidade municipal de promoción turística organiza este mes de xullo. Na rolda de prensa tamén participou Suso Martínez, o actor e guía que encarna o personaxe de Castelao nestas rutas.