URBANISMO
O Consorcio de Santiago rematou esta semana as obras de restauración das reixas do convento de Santa Clara
As obras foron realizadas pola empresa Torres Cambre e tiveron un custo de 45.356,85 euros (IVE incluído)
XUVENTUDE
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolleu unha nova xornada do programa Os xoves emprende
A Concellería de Xuventude, xunto coa Junior Empresa JEMSA, puxo en marcha este programa o pasado 25 de abril, co fin de mellorar as competencias emprendedoras e axudar a mozos e mozas con inquedanzas comúns.
BENESTAR SOCIAL
Santiago asiste ao VIII Encontro Thao de prevención da obesidade infantil
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste en Palencia ao VIII Encontro Thao, que baixo o título ¡Móvete póla saúde infantil! engloba un ciclo de conferencias e mesas redondas en dúas xornadas sobre a promoción de hábitos saudables entre os rapaces.
COMERCIO
O alcalde salientou a importancia do comercio de proximidade na entrega dos premios 2013
"Non podemos olvidar que hoxe o pequeno comercio vive uns momentos moi difíciles e dende o Concello somos moi conscientes desta dificultade" apuntou o alcalde na entrega dos premios ao Comercio Compostelán 2013, que se entregaron nun acto celebrado no Pazo de Raxoi.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as rutas didácticas por Compostela coa visita ás parroquias de Villestro, Figueiras e A Peregrina
Segue a desenvolverse con gran éxito a edición abril-xuño do programa educativo de rutas "Cultura Viva, Fai túa Compostela", promovido polas Concellerías de Centros socioculturais e de Participación Cidadá. Este sábado tócalle ás parroquias de Villestro, Figueiras e A Peregrina.
DEPORTES
O V Campionato feminino sub 16 de España de Hockey a patíns celebrarase en Santiago os días 24, 25 e 26 de maio
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, xunto con Jesús Franco, vicepresidente do Club Hockey Compostela e Javier Sánchez, membro da directiva do clube, presentou o V Campionato femenino de España sub 16 de Hockey.
O pavillón de Vite acollerá este evento confirmando así a achega do Concello de Santiago a este deporte
XUNTA DE GOBERNO
O Concello deberá aboar 80.000 euros polo impago dunhas obras en colexios realizadas en 2008
A segunda tenente de Alcalde, Amelia González, deu conta dos acordos da Xunta de Goberno, que aprobou as normas das cacharelas de San Xoán e tomou nota da sentenza pola que o Concello deberá facer fronte a unha débeda de máis de 80.000 euros.
FACENDA
O Goberno aforrou en asesores, dedicacións exclusivas e gasto superfluo máis de 2,3 millóns de euros
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, ofreceu en rolda de prensa os datos sobre o aforro conseguido polo goberno municipal desde a súa chegada nas partidas de gasto diverso ou superfluo e reducindo en 5 as prazas de asesores e en 3, as dedicacións exclusivas.
BOMBEIROS
A Asociación Sociodeportiva Cultural dos Bombeiros de Santiago fixo entrega á Cruz Vermella e a Cáritas de alimentos e roupa
Concienciados da situación económica actual, a Asociación Sociodeportiva dos bombeiros de Santiago puxo en marcha esta iniciativa solidaria coa que se recabaron 100 quilos de alimentos en menos dun mes.
DEPORTES
Este venres arranca no Auditorio a primeira edición do Curso do Dereito do Fútbol
O curso, organizado póla Federación Galega de Fútbol e con máis de cen persoas inscritas, celebrararase durante toda a fin de semana