ACCIÓN CULTURAL
Pablo Castaño Quartet e Pablo Sanmamed Trío presentan os seus novos discos en "Jazz da Rúa Nova"
Jazz da Rúa Nova é un concerto de artistas consagrados da escena compostelana. Nel, presentarán as súas correspondentes novidades discográficas: Pablo Castaño Quartet, A-la-láa, e Pablo Sanmamed Trío, 16/04. Trátase dunha noite co bo jazz da cidade este xoves 11 de abril no Teatro Principal de Santiago, no corazón da Cidade Vella, lugar onde se tocaba por vez primeira esta música en Galicia nos anos 20 en locais senlleiros coma o Café Español, o Teatro Royalty ou o Quiqui Bar.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Goberno propón modificar o PXOM no vello Peleteiro para reducir o uso comercial e introducir a vivenda protexida
O Pleno da Corporación debaterá mañá a modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12, correspondente aos terreos do antigo colexio Manuel Peleteiro. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, deu conta hoxe da proposta, que por indicación da Dirección Xeral da Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia incorpora un convenio de actuación urbanística que será asinado entre o Concello de Santiago e a SAREB, propietaria da maior parte dos terreos.
FACENDA
O Pleno debaterá este mércores a aprobación de tres modificativos de crédito por importe de 814.206 euros
A Concellaría de Facenda vén de preparar tres novos modificativos de crédito que serán debatidos no Pleno ordinario deste mércores 10 de abril. Os expedientes suman un importe total de 814.206 euros.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, o da muller atopada este domingo en Vinaroz (Castellón).
ALCALDÍA
O alcalde volve participar na tradicional poxa das uñas en San Lázaro
O alcalde, Martiño Noriega, participou un ano máis na tradicional poxa das uñas de San Lázaro, un dos actos centrais da Festa Gastronómica na que o Concello volve colaborar a través de Turismo de Santiago. O rexedor estivo acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.
ALCALDÍA
O IES Antón Fraguas abre a súa semana cultural coa presenza do alcalde
O IES Antón Fraguas celebra a súa Semana Cultural, que este ano está centrada na figura do escritor que lle dá nome ao centro e ao que se se lle dedica o Día das Letras Galegas. O alcalde, Martiño Noriega, participou este mediodía nos actos de apertura das xornadas.
ACCIÓN CULTURAL
Suspendido o concerto da Banda Municipal de Música
A Banda Municipal de Música non poderá ofrecer hoxe o seu habitual concerto dos domingos no Teatro Principal, por mor da baixa do único tuba da formación, comunicada nesta mesma mañá ao director da Banda.
ACCIÓN CULTURAL
Acción Cultural publica unha guía para descubrir a escultura contemporánea de Santiago de Compostela
A Concellaría de Acción Cultural vén de publicar unha guía para descubrir a escultura contemporánea de Compostela, dentro dunha serie que ten como obxectivo poñer en valor o "micropatrimonio" de Santiago. A concelleira Branca Novoneyra presentou hoxe a publicación, acompañada do seu responsable, Fran Peleteiro.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciada a licitación do servizo de xestión do Centro Xove da Almáciga
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de contratación do servizo de xestión do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, ao que se destinarán case 84.000 euros anuais, IVE aparte.
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este luns un concerto no Paraninfo da Universidade
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa "A Escola na Cidade", un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.