CONSORCIO
O 8 de maio remata o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas na cidade histórica
O Consorcio de Santiago vai destinar 150.000 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Con esta iniciativa búscase mellorar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico.
ALCALDÍA
Concentración de repulsa polo atentado de Londres
A Praza do Obradoiro acolleu este mediodía unha concentración de repulsa polo atentado que onte lle custou a vida a catro persoas en Londres.
CONSORCIO
Maximino Zumalave dirixe este sábado un concerto dos alumnos de especialización instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais xunto a rapaces dos conservatorios galegos
A cita será no auditorio do centro, ás 20:00 horas, e as entradas son gratuítas ata completar aforo.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O alcalde preside a reunión do Consello de Relacións Veciñais
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu na tarde de onte unha xuntanza do Consello de Relacións veciñais que tiña como principal obxectivo presentar os orzamentos municipais de 2017, xa aprobados de forma definitiva.
EDUCACIÓN
Manuel Dios participa en Bragança nun seminario de intercambio de experiencias na educación
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participa durante o día de hoxe nunha xornada organizada polo Grupo de Traballo de Educación do Eixo Atlántico, nun seminario de intercambio de experiencias no eido educativo.
MOBILIDADE
A comisión da ORA e o guindastre acorda incorporar novos datos económicos ao expediente para a municipalización
Na xuntanza, celebrada hoxe no Pazo de Raxoi, descartouse solicitar novos informes xurídicos relativos á afectación da taxa de reposición de persoal neste proceso.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Xan Duro reúnese coa Fundación Ferrocarriles de España para avanzar no proxecto da Vía Verde
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reuniuse hoxe en Madrid coa Fundación Ferrocarriles de España, co obxectivo de avanzar no proxecto da Vía Verde.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Santiago celebra o "Banquete de Conxo" con varios actos no Centro Sociocultural do Barrio
A celebración tradicional é o 2 de marzo, pero como nos últimos anos fíxose coincidir co Día Mundial da Poesía. O lugar elixido é o CSC de Conxo e a escalinata cercana ao Hospital Psiquiátrico.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Imos de excursión" achéganos nove viaxes por Galicia e Portugal neste 2017
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, deu conta esta mañá das excursións programadas para este 2017 dentro do programa organizado por Centros Docioculturais e que leva por nome "Imos de excursión" .Xa está aberta a inscrición para a primeira delas, á Ribeira Sacra o vindeiro domingo 2 de abril
IGUALDADE
O obradoiro "Explorando a sexualidade dos homes" traballará a igualdade co colectivo masculino
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada do axente da produtora Pistacatro, José Expósito, presentou o obradoiro "Explorando a sexualidade dos homes". Trátase da segunda actividade deste tipo que organiza a Concellería de Igualdade.