ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca a proxección cultural internacional que Música en Compostela lle ofrece á cidade
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi a directivos, profesores e alumnos do LVII Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra entre o 3 e o 16 de agosto. 87 alumnos e alumnas 12 países participan nesta edición, que inclúe diversos concertos.
CULTURA
A compañía británica Chipolatas chega por primeira vez a Compostela
Chipolatas son tesoureiros dunha mensaxe ligada á tradición que tenta vincular o vello e o novo, mesturando culturas e creando xéneros novos alén do que é tendencia. A compañía británica chega por primeira vez a Santiago, da man do programa Verán na rúa, co seu espectáculo Gentlemen of the road. Será este xoves 14 de agosto, ás 19:30 horas, na praza da Quintana.
TURISMO
O 18 de agosto remata o prazo para inscribirse na Ruta de Menús do Mercado de Compostela Gastronómica
restaurantes de Santiago interesados en participar na Ruta de Menús do Mercado de Compostela Gastronómica teñen ata o 18 de agosto para inscribirse na actividade. A Ruta de Menús do Mercado terá lugar na segunda quincena de setembro, dentro das actividades da primeira edición de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega.
CULTURA
Noite Curta celebra o V aniversario Marving & Wayne na praza das Praterías
Tras a exitosa xornada do pasado xoves, Noite curta, o programa de cine de verán ao aire libre programado organizado polo Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, trae á praza das Praterías unha nova cita co cinema de curtas. Será este xoves ás 22:30 horas, con entrada libre.
CULTURA
Malabares e acrobacias na praza da Quintana coa compañía Acrópatas
O ciclo Verán na rúa trae a tradición circense á praza da Quintana. A compañía Acrópatas representa Next player este mércores 13 de agosto ás 19:30 horas.
ALCALDÍA
O novo parque da Finca do Espiño ábrese á cidadanía cun programa de visitas guiadas
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, inaugurou e deu por aberto ao público o novo parque da Finca do Espiño. Son 18.000 metros cadrados que se suman aos 47 grandes espazos verdes cos que xa conta a cidade. Para dar a coñecer este novo enclave natural, programouse un calendario de visitas guiadas.
TURISMO
O aeroporto de Santiago de Compostela xa suma en 2014 máis pasaxeiros internacionais que en todo o Ano Santo 2010
O aeroporto de Santiago, grazas a incorporación das novas conexións a Roma, Ámsterdam e Bruxelas, conta neste ano 2014 coa maior conectividade internacional da súa historia, con 13 conexións directas a destinos foráneos. O aumento na oferta de conexións, que permite que Santiago e Galicia sexan máis accesibles para mercados turísticos estratéxicos, está posibilitando que o aeroporto estea vivindo o mellor ano da súa historia en tráfico internacional.
CULTURA
A compañía galega O Retrete de Dorian Gray presenta "Ne me quitte pas", un espectáculo para todos os públicos en Verán na Rúa
Este martes 12 de agosto, na praza de San Martiño Pinario, a compañía galega O Retrete de Dorian Gray, presenta en Verán na Rúa o espectáculo Ne me quitte pas, títeres con globos nunha función sen palabras para todos os públicos. Haberá funcións ás 12:30, 13:30, 17:30, 19:30 e 20:30 horas.
ECONOMÍA
Vinte e tres alumnos formaranse en páxinas web, promoción turística e revestimentos na construción no obradoiro Ecotur Santiago
Este luns comezou cun acto inaugural o novo Obradoiro de Emprego Ecotur Santiago. A Concellería de Economía xestionará este obradoiro, no que participarán 23 alumnos/as-traballadores/as durante un período de seis meses, e que se compón das seguintes especialidades: Promoción Turística Local e Información ao Visitante, Confección e Publicación de Páxinas Web e Operacións Auxiliares de Revestimentos Continuos de Construción.
MOBILIDADE
Normalidade na apertura ao tráfico e aos autobuses urbanos da rúa de San Pedro
Na mañá deste luns 11 de agosto quedou aberta ao tráfico de vehículos lixeiros e de autobuses urbanos a rúa de San Pedro. Así, volven ao seu percorrido habitual algunhas liñas de autobús, que debido ás obras desta vía tiñan que circular polo ámbito de San Roque, Basquiños e San Caetano.