CONSORCIO

O Compostela Organum Festival brinda unha homenaxe ás mulleres compositoras

21/11/2008

O ciclo de música Compostela Organum Festival segue a ofrecer en Compostela concertos únicos de órgano. Nesta ocasión o acto céntrase nas mulleres compositoras, as grandes esquecidas de historia da música, sobre todo do órgano.
O Concerto faise na Igrexa das Ánimas, o sábado 22 ás 20:30 horas, dada a acústica que este recinto ofrece.

Leer más

ALCALDÍA

Colaboración galega coa comunidade hemofílica de Perú

21/11/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos alcaldes das municipalidades de Lince, Martín Príncipe, e de Surquillo, Gustavo Sierra, situadas en Lima, Perú). Estes rexedores municipais están en Santiago para estabelecer programas de cooperación coa Asociación Galega de Hemofilia.

Leer más

CONSORCIO

Sar, Sarela e os monstros de Compostela

20/11/2008

O Consorcio de Santiago pon en marcha unha nova serie dentro da súa colección infantil en colaboración coa editorial Kalandraka. Unha oportunidade para descubrir o centro histórico de Santiago aos lectores máis cativos.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

O Concello traza a súa estratexia global para promover cotas sostibles de benestar social entre os composteláns

20/11/2008

A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou o I Plan Municipal de Servizos Sociais, que abranguerá o período 2009-2013. Este documento define unha "estratexia global, dende a que promover cotas sostibles de benestar social, paro o conxunto da sociedade compostelá, para dar unha resposta de carácter integral -ao tempo que flexible e adaptada- á complexidade crecente das demandas sociais". Para 2009, o orzamento municipal para estes programas sociais será duns 800.00 euros.

Leer más

XUVENTUDE

O Ciclo Importa trae a Gogol Bordello a Santiago

20/11/2008

O xoves 11 de decembro actuará na Sala Capitol o grupo de gypsy punk Gogol Bordello, nun dos únicos tres concertos que darán en España. Trátase do segundo concerto do recentemente aberto Ciclo Importa, impulsado pola Concellería de Xuventude en colaboración coa promotora SwetNocturna. Os belgas dEUS abriron este programa cunha exitosa actuación o 23 de outubro.

Leer más
Compartir: