TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade a un grupo de turoperadores irlandeses
Turismo de Santiago amosará a cidade a un grupo de turoperadores irlandeses nunha viaxe organizada conxuntamente con Aer Lingus e a Oficina Española de Turismo en Dublín. O grupo de turoperadores estará en Santiago entre o 25 e o 27 de setembro e poderán coñecer os principais atractivos da cidade para os seus potenciais clientes como a gastronomía, a natureza ou os vínculos culturais entre Irlanda e Galicia.
CULTURA
O festival Curtocircuíto estrea 27 filmes en España na súa sección oficial
Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes, que terá lugar entre o 6 e o 11 de outubro, presentou a súa programación completa, a proxectarse no Teatro Principal e na Zona C. Con vontade internacional e a calidade como máxima, a sección oficial acolle 53 traballos, 27 deles estrea en España, 4 deles estrea mundial en Curtocircuíto. Todos pretenden recoller as tendencias actuais do cinema internacional, a través de dous programas que miden o nivel de exploración formal e narrativa da linguaxe...
PLENO
O Pleno aproba un cambio no Plan Especial do Casco Histórico que permitirá crear un albergue de Proxecto Home en Virxe da Cerca
O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de setembro, aprobou por unanimidade unha modificación puntual do Plan Especial do Casco Histórico que fará posible a creación dun albergue de Proxecto Home en Virxe da Cerca. A sesión comezou cun minuto de silencio en lembranza da nena recentemente falecida no barrio de Guadalupe.
ALCALDÍA
Agustín Hernández agracede ao Banco de Alimentos o seu gran labor solidario
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu na praza do Obradoiro á entrega dun vehículo con mercadoría por parte da Fundación Carrefour ao Banco de Alimentos de Santiago. Esta entrega benéfica é froito da campaña "Kilómetro solidario", posta en marcha polo centro comercial coincidindo coa chegada á cidade da Volta Ciclista a España.
ALCALDÍA
O galardoado chef Mario Sandoval explica no festival Compostela Gastronómica a revolución do ovo na súa cociña
Mario Sandoval, Premio Nacional de Gastronomía 2013 e un dos cociñeiros de vangarda do panorama gastronómico actual, contou no Mercado de Abastos de Santiago a evolución do ovo na súa cociña, nunha charla dentro de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, á que asistiu o alcalde de Santiago, Agustín Hernández.
XUVENTUDE
Xuventude programa 20 actividades formativas para o último trimestre do ano
A Concellería de Xuventude pon a disposición dos mozos e mozas da cidade unha serie de actividades formativas para atender os seus intereses e motivacións. A titular do Departamento, María José Corral, acompañada pola técnica municipal Noela Vilas, presentou en rolda de prensa o calendario, que abrangue ata 20 accións no último trimestre do ano.
ALCALDÍA
O alcalde destaca que a débeda municipal se situou neste exercicio en "mínimos históricos"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu conta en rolda de prensa dos asuntos a tratar no Pleno ordinario de mañá xoves, entre os que destacou a aprobación definitiva da conta xeral do ano 2013. Os indicadores da mesma, dixo, "constatan que estamos avanzando na redución da débeda e na mellora da solvencia das contas do Concello". De feito, apuntou que, en agosto de 2014, a débeda se atopa en "mínimos históricos".
ALCALDÍA
BioSpain converte Santiago en foco de atención internacional no sector biotecnolóxico e da investigación sanitaria
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no Palacio de Congresos no acto inaugural do VII Encontro Internacional de Biotecnoloxía, BioSpain 2014, que se celebra do 24 ao 26 de setembro. O acto presidírono a ministra de Sanidade, Ana Mato, e o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
CULTURA
O ciclo Blues Nite by 1906 trae a Santiago de Compostela a Pardo, Nikki Hill, Guitar Crusher e Moreland & Arbuckle
A concelleira de Cultura, María Antón, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e o Brand Manager de 1906, Juan Paz, presentaron esta mañá o programa do ciclo Blues Nite by 1906. Este ciclo viña xa funcionando na programación cultural da cidade pero agora conta coa colaboración de 1906 polo que modifica a súa denominación. No programa para este trimestre temos ao galego Pardo esta mesma noite e despois poderemos escoitar a tres figuras internacionais de recoñecido prestixio: Nikki Hill en...
ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu o embaixador británico en España, Simon Manley
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi o embaixador de Gran Bretaña en España, Simon Manley.