CULTURA
Gran gala de circo "Ruactiva" na Quintana
Verán na rúa continúa a ofrecer unha variada oferta dirixida a tódolos públicos. Este xoves, gran gala de circo Ruactiva con Alas Circo, Mago Teto, Bombo Tambor e outros artistas, presentados por Isabel Risco. Será ás 19:30 horas, na praza da Quintana, con entrada libre.
CULTURA
Noite Curta péchase con outras seis proxeccións na praza das Praterías
Tras a exitosa xornada do pasado xoves, Noite curta, o cine de verán ao aire libre programado e organizado polo Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, remata esta edición na praza de Praterías. A última xornada de proxeccións será ás 22:30 horas, con entrada libre.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago achega 55.000 euros para o servizo de aloxamento e acollida do Albergue Xoán XXIII
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o director do Centro Cultural Social Xoán XXIII, Francisco Castro, asinaron esta mañá os convenios en virtude dos cales o Concello colabora no servizo de aloxamento e acollida nocturna e diúrna do centro e no seu programa Xuntos Podemos. O Concello achega un total de 58.000 euros a estes dous programas, incrementando en 15.000 euros a subvención do exercicio 2013. Estes acordos co albergue Xoán XXIII forman parte dos 29 convenios que o Concello de Santiago asina con entidades sociais da cidade,...
DEPORTES
A concelleira de Deportes asistiu á presentación do II Desafío Star Center
A concelleira de Deportes, María José Corral, asistiu á presentación do II Desafío Star Center, torneo de fútbol sala que se disputará no Multiúsos Fontes do Sar os días 29 e 30 de agosto. Acompañaron á edil no acto o presidente do Santiago Futsal, Ramón García, e o xerente do Grupo Cenor, Javier González.
ALCALDÍA
Agustín Hernández reuniuse coa Asociación de Veciños Campo do Monte (Nemenzo)
O alcalde de Santiago reuniuse esta mañá no Pazo de Raxoi cos representantes da Asociación de Veciños Campo do Monte, de Nemenzo. Agustín Hernández continuou así a rolda de xuntanzas que está a manter cos veciños dos barrios e parroquias compostelás.
CULTURA
Javi Javichi presenta o seu espectáculo de malabares "Veló coma o raio"
Verán na rúa continúa a ofrecer unha variada oferta dirixida a todos os públicos. Este mércores, en dúas sesións -ás 18:30 horas na Alameda e ás 20:30 horas na praza da Quintana- vez para Javi Javichi co seu espectáculo Veló coma o raio.
ALCALDÍA
O alcalde entrega a Protección Civil o primeiro vehículo adquirido polo Concello para esta agrupación de voluntarios
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, formalizou a entrega a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil dun novo vehículo. Este automóbil foi adquirido polo Concello para facilitar o labor que prestan de xeito desinteresado as 35 persoas coas que conta este servizo.
ALCALDÍA
Agustín Hernández reuniuse coa Asociación de Veciños Monte de Deus (Vite)
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, celebrou esta mañá unha reunión coa Asociación de Veciños Monte de Deus, de Vite de Abaixo. Hernández pretende manter ao longo das vindeiras semanas unha rolda de contactos cos colectivos e asociacións veciñais de Santiago, co obxectivo de coñecer de primeira man as súas principais demandas.
CONSORCIO
Arrancan os traballos de renovación da fachada sur do Pazo de Raxoi
Este luns comezan as obras de renovación das carpinterías e limpeza da fachada sur do Pazo de Raxoi, sede do Concello. Os traballos, promovidos polo Consorcio de Santiago e dirixidos polos arquitectos da Oficina Técnica, realizaranse ata finais do mes de outubro da man da empresa Construcciones Abal S.A. e por un importe de 89.332’44 euros. O obxectivo é mellorar a eficiencia enerxética do edificio e garantir o confort térmico nas estancias municipais.
ALCALDÍA
O alcalde renovou un ano máis o tradicional voto da cidade a San Roque
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu un ano máis o tradicional voto da cidade a San Roque. Boa parte da Corporación municipal asistiu a este acto, celebrado na capela de San Roque.