ALCALDÍA
O Concello solicita a Adif que se faga cargo da reparación e mantemento da pista de acceso á estación da Susana (Marrozos)
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, mantiveron unha reunión co xerente da Área de Servizos Loxísticos do Noroeste de Adif, Nicanor Álvarez; coa súa delegada de Patrimonio e Urbanismo de Asturias e Galicia, Celina Matías; e co seu xefe de Patrimonio, Víctor Alonso, para falar da situación da pista que dá acceso á estación da Susana, na parroquia de Marrozos, dende a estrada AC-960. Acordouse o estudo e posterior sinatura dun convenio, xa redactado...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello reactiva o Centro de Interpretación de Belvís
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria aprobou a adxudicación do servizo de organización de actividades no Centro de Interpretación do Medio Urbano e Natural de Belvís. Ademais, deu o visto bo á adhesión do Concello a un convenio entre a FEMP e diversas entidades de crédito para a creación dun fondo social de vivendas.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Concellería de Normalización Lingüística únese ás celebracións con motivo do Día Internacional da Lingua Materna
A Rede de Dinamización Lingüística, da que forma parte o Concello de Santiago, sumouse á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, instituído pola UNESCO en 1999 para promover a transmisión interxeracional das linguas non maioritarias e, deste xeito, salvagardar a diversidade lingüística mundial. A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, participou na celebración central desta efeméride, en Arteixo, e posteriormente noutro acto realizado no CEIP López...
CULTURA
Ana Moura presenta o seu novo disco, "Desfado", dentro do ciclo Sons’13
A fadista Ana Moura chega a Compostela para presentarnos o seu último traballo, Desfado, dentro do ciclo Sons’13. Será o venres 22 de febreiro, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Despois de Ana Moura teremos no ciclo a Amancio Prada presentando ‘3 Libertarios’ o sábado 2 de marzo no Teatro Principal.
DEPORTES
Santa Isabel acollerá o primeiro partido oficial de fútbol americano en Santiago
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o partido de fútbol americano que disputarán os Black Ravens, de Santiago, e os Warriors, da cidade portuguesa de Braga, o domingo 24 de febreiro, ás 16:00 horas, no Campo Municipal de Santa Isabel. Este será o primeiro partido oficial desta modalidade deportiva que se dispute na cidade.
XUVENTUDE
Xuventude programa nova formación en coaching, fotografía, xestión de redes sociais, arte e monitor de tempo libre
A Concellería de Xuventude programa cinco novas accións formativas para os vindeiros meses. As actividades estarán centradas en materias coma a formación como monitor de tempo libre, a fotografía, o coaching, a xestión das redes sociais ou a arte e a moda.
MEDIO AMBIENTE
O Concello e a certificadora de calidade EQA organizan dúas xornadas formativas
A concelleira de Medio Ambiente, Obras, Infraestruturas, Benestar e Emprego, María Castelao, presentou dúas xornadas de formación que o Concello realizará en colaboración coa certificadora de calidade EQA. Denomínanse Operadores/as de carretillas elevadoras. Nova norma para a acreditación da formación: UNE 58451:2012 e Cálculo e certificación da pegada de carbono.
COMERCIO
O Concello reúnese co tecido comercial da cidade para analizar as accións do 2013
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, reuniuse coas asociacións comerciais da cidade: Compostela Monumental, Santiago Centro, Em- Rede, e Esperta Conxo. Na xuntanza fíxose un balance das actividades municipais desenvolvidas polo Departamento de Comercio no ano 2012 e analizouse a programación para 2013.
ALCALDÍA
O alcalde amosa o seu apoio ao Santiago Futsal ante a súa situación económica
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi co presidente do Santiago Futsal, Ramón García Fernández; co vicepresidente, Lalo Foira, e co director xeral, Miguel Fernández.
CONSORCIO
Consorcio e USC editan unha recompilación das ordenanzas de Santiago no século XVI
Santiago de Compostela no século XVI. Libro de Ordenanzas de la Ciudad (1546-1583) é o título do libro presentado por Antonio Cepeda, profesor de Xeografía e Historia en educación secundaria e responsable da Área de Documentación do Museo Pedagóxico de Galicia, editado pola USC e o Consorcio da cidade.