CULTURA
Cultura asina un convenio de colaboración coa Sala Nasa
A Concellaría de Cultura de Compostela asinou un convenio de colaboración dun total de 60.000 euros coa Sala Nasa. No acto, estiveron presentes o responsable do Departamento, Néstor Rego, e Xesús Ron, da Sala Nasa.
CULTURA
Espello Cóncavo presenta "Zardigot", de Euloxio Ruibal
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou "Zardigot", obra escrita por Euloxio Ruibal e que representará a compañía Espello Cóncavo. A representación teatral terá lugar no Teatro Principal o xoves 26 e o venres 27, ás 21:00 horas. O prezo das entradas será de 7, 5 e 3 euros, que se poderán adquirir alí mesmo en horario de mañá e tarde.
TRÁFICO E EDUCACIÓN
Concello e RACC conciencian aos máis novos sobre o uso do casco e do cinto de seguridade
Unha nova campaña educativa quere por de relevo entre os máis novos a importancia do uso do caso e do cinto de seguridade. A iniciativa forma parte do Programa de educación viaria e na autoprotección "Onde está o perigo", que desenvolven os departamentos de Trafico e de Educación e Mocidade en colaboración co Real Automóvil Club de Cataluña (RACC).
EDUCACIÓN
Alumnos do IES Rosalía de Castro visitan Toledo no marco do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio"
Un grupo de alumnos do IES Rosalía de Castro está a visitar Toledo do 23 ao 25 de abril, no marco da sexta edición do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio", no que ademais de Compostela participan as cidades de Ávila, Ibiza, Segovia, San Cristóbal de La Laguna, Alcalá de Henares, Toledo, Cáceres, Córdoba, Salamanca e Cuenca.
UMAD
A UMAD forma a pais e nais sobre a prevención eficaz fronte á drogodependencia dentro e fóra da casa
A Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes organiza o obradoiro "Competencia social dos nosos fillos/as. Prevención eficaz dentro e fóra da casa". Esta iniciativa está dirixida a pais, nais e titores e titoras legais, co fin de traballar na mellora da competencia social e dos mecanismos preventivos. Desenvolverase os venres 27 de abril e 4, 11 e 25 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas.
CULTURA
Cultura asina un convenio de colaboración coa asociación cultural musical Solfa
A Concellaría de Cultura asinou un convenio de colaboración por valor de 6.000 euros coa asociación cultural musical Solfa. No acto, estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e a presidenta da asociación, Lucía Carreira.
ALCALDÍA
Cinema galego para televisión no Principal
O Teatro Principal acolleu a presentación do filme "O bosque de levas", unha produción realizada integramente en galego para televisión. Está dirixida por Antón Dobao e baseada nunha novela de Alfonso Álvarez Cáccamo.
EDUCACIÓN
Uns 180 rapaces de 6 a 15 anos participarán nunha nova edición da Escola de Verán de Inglés
A Xunta de Goberno deu o visto bo a foi a aprobación do prego e do inicio do expediente de contratación do servizo de desenvolvemento da Escola de Verán de Inglés para os escolares de Santiago. Esta actividade desenvolverase do 2 ao 31 de xullo e poderán participar nenos e nenas de 6 a 15 anos.
URBANISMO
Máis vivenda protexida e zonas verdes para a zona norte de Compostela
A Xunta de Goberno local informou favorablemente a recepción do documento de avance dos plans parciais do SUD-1 (Mallou), do SUD-2 (Cancelas-A Muíña), do SUD-3 (Amio Norte), do SUD-5 (Amio Sur), do Plan Especial do Parque Urbano Norte PU-16 e do sistema xeral viario Cancelas-Amio (Treito Camiño de Amio-Porto do Medio). O alcalde xa anunciara este proxecto para a zona norte na súa rolda de prensa do venres 20 de abril e comentara que vai supor o principal foco de expansión da cidade nos vindeiros anos, coa construción de máis de 10.000...
INFRAESTRUTURAS
Case 600.000 euros para melloras do firme en dúas estradas
O Goberno local parobou o Plan de Cooperación Provincial 2007, polo que a Deputación da Coruña achegará 591.073 euros para dúas obras de reforzo do firme. En concreto, intervirase na vía pública M-8-IV (Vilar-Grixoa), con 251.803 euros, e na R-5-III-B (Son de Abaixo-Marzo de Abaixo), cun investimento de 339.269 euros.