TURISMO
Dúas estrelas Michelin en "Santiago de Compostela. Repetirás"
O 26 e 0 27 de xaneiro péchanse os obradoiros gastronómicos con marisco, produto elixido como eixo temático do mes de xaneiro no programa gastronómico "Santiago de Compostela. Repetirás".
EDUCACIÓN
Vinte e nove organizacións achegarán o seu traballo aos composteláns no IX Foro de ONG
Coincidindo coa celebración, o 30 de xaneiro, do Día Mundial pola Paz, a Concellaría de Educación organizada o IX Foro de Organizacións non Gobernamentais (ONG) e a Quincena da paz, da convivencia e da solidariedade, que inclúe diversas actividades para a comunidade educativa compostelá. O Foro celebrarase o sábado 26 de xaneiro no centro comercial Área Central.
CULTURA
O cego é o que ve en "Misericordia", por Teatro de Ningures
A compañía Teatro de Ningures trae ao Principal a súa nova montaxe, Misericordia, de Benito Pérez Galdós. Partindo da obra orixinal, esta adaptación traslada ao espectador ata Compostela, en troques de a Madrid, e lévao de viaxe polos estratos máis baixos da sociedade. Será o xoves 24 e o venres 25, ás 21:00 horas.
DEPORTES
Oitocentos escolares participaron na I Campaña escolar de iniciación á patinaxe sobre xeo
O martes 22 de xaneiro finalizou a I Campaña escolar de iniciación á patinaxe sobre xeo, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa empresa XADE. En total, participaron nesta exitosa actividade 800 rapaces, procedentes de 17 centros educativos.
TURISMO
"Santiago é grande", novo lema promocional para Compostela
Turismo de Santiago renova a imaxe turística da cidade cunha liña de comunicación centrada na idea de que "Santiago é grande", por reunir valores coma o patrimonio, o Camiño de Santiago, a capitalidade de Galicia, a Catedral, a Universidade, a cultura, a arquitectura contemporánea, os espazos verdes, a gastronomía e a vida urbana, entre outros.
TURISMO
O Fórum Santiago’08 acolle o primeiro encontro de bloggers gastronómicos
No marco do Fórum Gastronómico Santiago’08 celebrarase o I Encontro de bloggers enogastronómicos, EFórum, que reunirá a expertos de primeira orde nunha faceta de Internet en auxe e que cada vez congrega a máis afeccionados.
DEPORTES
Recoñecemento aos máis deportivos da temporada futbolística 2006-2007
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, entregou os Trofeos á Deportividade da tempada 2006-2007, concedidos pola Delegación de Fútbol de Santiago. O acto, no que tamén participou o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, celebrouse no Salón Nobre do Concello.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao conselleiro xeral do Grupo Siemens en España, Francisco Belil
Na súa visita a Compostela, o conselleiro xeral do Grupo Siemens en España, Francisco Belil, pasou polo Concello, onde compartiu algúns minutos co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Novas actuacións viarias para San Lourenzo
Os representantes da Asociación de Veciños Río Sarela, de San Lourenzo, reuníronse co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e co concelleiro de Obras, Infraestruturas e Relacións Veciñais, Bernardino Rama, aos que lles explicaron as súas principais demandas para o barrio.
TRANSPORTES
Novas tarifas para os aparcadoiros xestionados por TUSSA
O Goberno local aprobou as novas tarifas para 2008 dos aparcadoiros xestionados pola Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA): Xoán XXIII, Belvís e dársena de Xoán XXIII. A principal novidade neste campo virá pola implantación no primeiro trimestre da tarxeta "aparcafácil".