POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello aposta pola economía social e colaborativa co proxecto piloto "Colabora"
As concelleiras de Desenvolvemento Económico e de Políticas Sociais, Marta Lois e Concha Fernández, presentaron o primeiro proxecto que se organiza dende o Concello de Santiago para fomentar a economía colaborativa, o proxecto Colabora. As concelleiras estiveron acompañadas pola coordinadora do programa, Chus Prol, e un dos usuarios do mesmo, Iago Raposo.
ALCALDÍA
O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitan a sede da Asociación Sarela
O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitaron esta mañá o centro da Asociación de Dano Cerebral Sarela, situado no Castiñeiriño. Martiño Noriega e Concha Fernández quixeron coñecer de primeira man o traballo que desenvolve o colectivo nestas instalacións, así como as súas principais necesidades.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o procedemento urxente para adxudicar o servizo de comedores escolares
A Xunta de Goberno, nunha reunión extraordinaria celebrada ás 14:00 horas de hoxe martes, aprobou o inicio dun procedemento negociado sen publicidade e pola vía de urxencia, para adxudicar o servizo de comedores escolares para o que resta de curso escolar. No primeiro punto da mesma xuntanza declarouse deserto o procedemento negociado anterior, para poder iniciar o novo trámite.
IGUALDADE E POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello e as ANPAS reúnense para tratar a situación dos alumnos e alumnas LGTBI
As concelleiras de Igualdade, Marta Lois, e a de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuníronse coa Federación de ANPAS da cidade para tratar os problemas de acoso e bullying que sofre o alumnado LGTBI, en especial os alumnos e as alumnas transexuais. Esta xuntanza coincide coa fundación do colectivo Arelas, que vela polo respecto dos dereitos das persoas transexuais.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro polas dúas últimas vítimas da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os dous últimos asasinatos machistas, que deixaron vítimas en Valencia (22 de xaneiro) e Palma de Mallorca (23 de xaneiro).
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago aportará este ano 220.000 euros para a realización dos fogos do Apóstolo e 140.000 ao festival Cineuropa
O Consorcio de Santiago celebrou este luns a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Entre os temas abordados, aprobáronse diversos convenios con fins culturais. Ademais, deuse luz verde ás bases de acceso ao curso de posgrao da Escola de Altos Estudos Musicais para o curso académico 2016-2017.
COMERCIO
A Mesa Local de Comercio recolle as propostas do sector para impulsar o Plan de Comercio 2016-2019
O Salón Verde do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a xuntanza da Mesa Local de Comercio, que levaba sen convocarse dende 2013. A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, presidiu esta reunión, na que se deu conta das actuacións realizadas dende o comezo de lexislatura e do peche do orzamento de 2015.
MEDIO AMBIENTE
O paisaxista Iñaki Alday ofrece unha conferencia na sede da Fundación Granell
O prestixioso arquitecto Iñaki Alday estará este martes en Compostela para presentar o Plan Director das Zonas Verdes e Espazos Públicos, do que é autor. Aproveitando a súa visita, o paisaxista pronunciará unha conferencia na sede da Fundación Granell, baixo o título Paisaxe socioecolóxica, o novo patrimonio de Santiago de Compostela. A cita, ás 19:00 horas, é aberta ao público en xeral. Ademais, o Concello invitou a representantes de asociacións de veciños, comerciantes e empresarios,...
ALCALDÍA
Martiño Noriega asistiu na Coruña ao sorteo da Copa do Rei de baloncesto
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, asistiron no Concello da Coruña ao sorteo da Copa do Rei 2016 de baloncesto, que se celebrará na cidade herculina do 18 ao 21 de febrero.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello construirá un aparcadoiro na avenida de Ferrol para satisfacer as demandas veciñais do barrio de Conxo
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, reuniuse este xoves cos representantes da asociación de veciños Conxo Aberto e a de comerciantes Esperta Conxo.