POLÍTICAS SOCIAIS
Santiago de Compostela participa nun encontro en Barcelona para crear unha Rede de cidades por unha saúde universal
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participou este luns 2 de novembro nun encontro en Barcelona para valorar conxuntamente con outros tres municipios (A Coruña, Madrid e Barcelona) accións, plans e medidas que se poden artellar para defender a Sanidade Pública e Universal. O obxectivo do encontro pasaba por crear unha Rede de Municipios por unha saúde universal, do que sairá un manifesto conxunto.
ACCIÓN CULTURAL
"Roxos e Marcianos: a Caza de Bruxas en Hollywood", ciclo temático no programa da XXIX edición de Cineuropa
O ciclo temático Roxos e Marcianos: a Caza de Bruxas en Hollywood será unha das propostas do programa da XXIX edición de Cineuropa. Ofrecerá unha amplísima retrospectiva do cinema que estivo no ollo do furacán durante aquel período pre-fascista que viviron os Estados Unidos na Guerra Fría.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello traballa con outras entidades nunha campaña de sensibilización da problemática dos refuxiados e migrantes
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, convocou por segunda vez a mesa de traballo de persoas refuxiadas, que se volveu reunir para coordinar vindeiras actuacións. Na Mesa participaron as 13 entidades que se citaran na primeira xuntanza.
ACCIÓN CULTURAL
Estrea do documental "Frankenstein-04155" o 18 de novembro en Cineuropa
"Demoledor", "Descomunal", "Un exemplo de liberdade" son só algúns dos cualificativos recibidos por Frankenstein-04155. O filme documental, dirixido polo ourensán Aitor Rei e producido por Boneca Lareta, conta coa colaboración da Plataforma de Vítimas Alvia 04155 e recibiu financiamento a través de achegas de particulares mediante unha plataforma de "crowdfunding". Tras recibir unha mención especial na Seminci de Valladolid, a película poderá verse en Cineuropa o 18 de novembro.