CULTURA
Paul Lewis pecha o IV Ciclo Ángel Brage
Paul Lewis pecha a IV edición do Ciclo de Piano Ángel Brage cun concerto no Auditorio de Galicia o venres 11 de maio ás 21:00 horas. Antes del, neste ciclo, patrocinado por Eduardo Beiras, Castrosúa, Egasa, Fundación Araguaney e Televés, puidemos escoitar no Auditorio a Ingolf Wunder e a Emanuel Ax. As entradas para o concerto de Lewis, a 15 €, 7,5 € para estudantes e xubilados, están á venda na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas) e en Novagaliciabanco. Ademais, tamén...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello acomete a reparación da cuberta do Parque de Bombeiros
A Xunta de Goberno adxudicou as obras de reparación da cuberta do Parque de Bombeiros. Tamén deu o visto bo á substitución das canalizacións de auga na rúa da Presa, en Angrois.
ALCALDÍA
Recoñecemento municipal aos éxitos do Blusens Monbus e do Compostela
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu en Raxoi a recepción municipal aos xogadores, adestradores e directivos da SD Compostela e do Blusens Monbus. Foi momento para recoñecer a boa temporada de ambos clubs, culminada no primeiro caso co ascenso á Terceira División e, no caso do Obradoiro, coa permanencia un ano máis na Liga ACB.
DEPORTES
"SAN", a nova marca do deporte santiagués
"O deporte é SAN, Santiago é SAN" é o lema no que se asenta a nova imaxe do Departamento Municipal de Deportes, que nace para integrar a todo o deporte da cidade, baixo unha xestión, promoción e coordinación única.
CULTURA
Leiva presenta no Compostela Rock "Diciembre", o seu debut en solitario
Leiva presenta dentro do Compostela Rock Diciembre, o seu debut en solitario despois de que o puideramos escoitar en Pereza. Será o xoves 10 de maio na Sala Capitol e as entradas, a 20 € anticipada, 26 € na billeteira, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco, na Red Ticketmaster e www.ticketmaster.es, en Carrefour, FNAC, Halcón Viajes e Tendas Tipo.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
"Galego de cine": obradoiro de cinema para nenos e nenas de 6 a 12 anos
O domingo 6 de maio, de 17:00 a 20:00 horas, celebrarase na praza do Toural Galego de cine, un obradoiro de cinema e proxeccións para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Esta actividade, incluída no calendario de accións deseñado pola Concellería de Normalización Lingüística para celebra o Día das Letras Galegas, forma parte do programa FalaRedes, realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística de para as entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística.
ALCALDÍA
Iniciados os contactos para conectar o autobús a Lavacolla coa estación do tren a través dunha nova parada metropolitana
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinaron un convenio de colaboración entre ambas administracións para o fomento do transporte limpo no eido urbano. Esta sinatura tivo lugar tras a reunión mantida entre o conselleiro e o rexedor municipal, que continúa coa súa rolda de contactos institucionais.
FAMIILIA
O Concello programa unha xornada en recoñecemento á institución da familia
Con motivo da celebración do Día Internacional da Familia o 15 de maio, o Concello de Santiago preparou unha xornada repleta de actividades en recoñecemento a esta institución. Será o sábado 12 de maio no Multiusos Fontes do Sar. Alí haberá teatro, obradoiros, mesas informativas, unhas xornadas de acollemento familiar e un espazo onde facerse fotos cos xogadores do Blusens Monbus e do Lobelle de Santiago.
DEPORTES
O Trofeo de Ciclismo Concello de Santiago celebrarase por primeira vez nun circuíto dentro da propia cidade
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XIV Trofeo de Ciclismo Concello de Santiago, organizado polo Club Ciclista Muebles Compostela. A proba, que se desenvolverá o domingo 6 de maio nas inmediacións da Alameda, reunirá uns 150 novos ciclistas galegos nas categorías de escolas e cadetes.
TURISMO
Un grupo de xornalistas venecianos visita Santiago de Compostela
Catro xornalistas venecianos están visitando estes días Santiago de Compostela, nunha viaxe organizada por Turismo de Santiago en colaboración coa Asociación Hostalería Compostela, Volotea e a OET de Milán, que ten por obxectivo promocionar Santiago no mercado veneciano e impulsar a nova conexión aérea que une ambas cidades dende a pasada semana.