CONSORCIO

Peche da temporada de concertos no Auditorio con Lugansky e a Real Filharmonía

03/06/2009

Logo de case 30 recitais, os concertos da Real Filharmonía de Galicia chegan ao seu fin na temporada 2008/2009. O venres 5 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia de Santiago, o mestre titular, Antoni Ros Marbà dirixe o peche de estación cun programa que inclúe o Concerto para piano núm. 1 de Chopin e a Sinfonía núm. 2 de Sibelius.

Leer más

EIXO ATLÁNTICO

O Eixo Atlántico pide ao ministro de Fomento que axilice a chegada do AVE entre Vigo e Porto

03/06/2009

Os membros da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, reunidos en Santiago, acordaron solicitar unha entrevista co ministro de Fomento, José Blanco, para tratar a situación da liña de alta velocidade ferroviaria Ferrol-Lisboa e, en concreto a conexión internacional Vigo-Porto. Segundo afirmou o alcalde de Vila Nova de Gaia e actual presidente do Eixo Atlántico, Luís Filipe Menezes, "o noroeste da Península non pode quedar atrás, e pasa pola ligazón de Porto e Santiago".

Leer más

MERCADOS

Os artesáns santiagueses levan o seu traballo á Feira de Perugia coa colaboración do Concello

02/06/2009

Un grupo de artesáns de Compostela participou na Feira Internacional de Artesanía de Perugia (Italia), co apoio da Concellaría de Relacións Institucionais e Mercados, que dirixe Andrés Fariña. A mostra, que comezou o venres 29 de maio e remata o martes 2 de xuño, conta gran prestixio no mercado de artesáns, xa que non está organizada por empresas, senón que é a propia municipalidade a que convida ás cidades a participar.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio ten en marcha proxectos por máis de 14 millóns de euros

02/06/2009

A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago, presidida polo alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu conta na súa reunión do martes 2 de xuño do estado das diferentes inversións aprobadas con anterioridade. Neste momento atópanse en fase de execución ou de adxudicación ou de licitación algo máis de 14 millóns de euros.

Leer más

INFRAESTRUTURAS E CIRCULACIÓN VIARIA

As obras de reurbanización de tres rúas de Conxo realizaranse en tres fases para minimizar os efectos sobre o tráfico

01/06/2009

O comezo das obras nas rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire obrigará a cortes de tráfico nesta zona da cidade. As obras desenvolveranse en tres fases, de xeito que os condutores poidan ter sempre algunha alternativa para a circulación. Os cambios estarán debidamente sinalizados con paneis en áreas estratéxicas.

Leer más
Compartir: