ALCALDÍA
O alcalde asistiu ao acto de entrega dos Premios Meninas 2019 a colectivos que destacan pola súa loita contra a violencia machista
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de entrega dos Premios Meninas 2019, outorgados pola Delegación do Goberno en Galicia con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Presidiu o acto o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.
ALCALDÍA
Xuntanza coa directiva da Cociña Económica
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, reuníronse hoxe coa directiva da Cociña Económica. Entre os asuntos tratados figurou a renovación do actual convenio de colaboración; e a composición da Xunta Directiva da entidade, na que se integraría un representante do Concello, neste caso Mila Castro.
INNOVACIÓN
A concelleira de Urbanismo explica o proxecto Smartiago no II Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación
A concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, explicou, no II Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, que se celebra ata hoxe na cidade colombiana de Medellín, o proxecto Smartiago. Esta iniciativa, que suma sustentabilidade e innovación, conta con tres liñas estratéxicas: xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria, mobilidade e alumeado ornamental.
CONSORCIO
Expertos de Burdeos, Edimbugo, Florencia, Porto e Santiago abordan como xestionar as cidades Patrimonio da Humanidade
O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo "AtlaS-WH", do programa Interreg Atlantic Area do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Céntrase na xestión sostible das Cidades Patrimonio da Humanidade incluídas na Área Atlántica. Nesta iniciativa, liderada pola cidade portuguesa de Porto, participan tamén como socios as cidades de Santiago, Burdeos e Edimburgo, aos que acompaña ademais Florencia pola súa experiencia na xestión de sitios Patrimonio Mundial.
DEPORTES
Esther Pedrosa participou no Curso de Defensa Persoal organizado por Compostela Monumental e o Judo Club Compostela
Compostela Monumental e o Judo Club Compostela organizaron unha Curso de Defensa Persoal para Mulleres, no marco dos actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.