EDUCACIÓN
Mariann Máray recibiu o XII Premio Compostela de Álbums Ilustrados
O salón nobre do Concello acolleu a cerimonia de entrega do XII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. A ilustradora húngara Mariann Máray recibiu o galardón pola súa obra O can de Milu, que foi seleccionada entre os case 300 traballos presentados a esta edición do certame, procedentes de 24 países.
CIDADE HISTÓRICA
Unha proposta municipal de rehabilitación para a rúa da Caramoniña, gañadora do Concurso Driehaus
Unha proposta de rehabilitación presentada polo Concello de Santiago resultou gañadora do Concurso Driehaus, unha iniciativa do financeiro norteamericano Richard H. Driehaus que busca axudar a recuperar a arquitectura tradicional de zonas esquecidas nas localidades españolas. Nesta primeira fase, os concellos enviaron ao concurso as súas propostas de rehabilitación ou remodelación de diferentes espazos arquitectónicos. Entre todas elas, foron elixidas Santiago de Compostela, Alzira (Valencia), Santa Cruz de la Palma (Tenerife) e Guadix...
PLENO
Inícianse os trámites para o irmandamento de Compostela coa cidade portuguesa de Braga
O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade o inicio dos trámites para o irmandamento coa cidade de Braga. Dáse así continuidade ao protocolo iniciado hai un tempo, co obxectivo de "fortalecer as relacións entre as dúas cidades, concretamente nas áreas económica, turística e cultural, aproveitando os recursos que existen en ambos concellos".
PLENO
A Corporación propón a concesión da Medalla de Ouro da cidade ao Colexio de Avogados de Santiago
O Pleno da Corporación aprobou por unanimidade propor a concesión da Medalla de Ouro da cidade ao Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, que o pasado 16 de novembro celebrou o seu 175 aniversario da súa fundación. A proposta será sometida ao ditame do Consello Asesor de Condecoracións.