XUNTA DE GOBERNO
Rexeitadas as alegacións de Setex e aprobada a liquidación do contrato da ORA e o guindastre
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a liquidación definitiva do contrato dos servizos da ORA e o guindastre, que fora declarado nulo por sentenza xudicial. O Executivo local tamén rexeitou as alegacións ao respecto presentadas pola empresa adxudicataria, Setex Aparki.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música representará a Santiago de Compostela na VI Mostra Musical do Eixo Atlántico
Este sábado 5 de maio, ás 9:00 horas, comezará na vila portuguesa de Vila Real a Mostra Musical do Eixo Atlántico, na que participarán alumnos e alumnas de escolas de música e de conservatorios municipais das cidades do Eixo Atlántico, interpretando as pezas que estiveron preparando ao longo dos últimos meses coa axuda dos seus profesores e profesoras.
FESTAS
A Banda Municipal de Santiago e a Real Filharmonía de Galicia compartirán escenario na Ascensión
O calendario de actos do programa das festas da Ascensión deste 2018 contén unha cita moi especial. Con motivo da celebración do 170 aniversario da Banda Municipal de Música de Santiago, a formación ofrecerá por primeira vez un concerto conxunto coa Real Filharmonía de Galicia, que co-dirixirán Casiano Mouriño e Maximino Zumalave. Será o venres 11 de maio, ás 20:30 horas, na praza da Quintana e, en caso de choiva, trasladarase ao Auditorio de Galicia. A entrada é gratuíta previa retirada dos convites...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Remata a exposición "Santiago pintado", da ilustradora Isabel Rey
O pazo de Fonseca acolleu, dende o 15 de marzo e ata hoxe, a exposición Santiago pintado, formada por 15 pinturas a tamaño grande da ilustradora Isabel Rey. Ata alí achegouse esta mañá o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, con alumnos e alumnas do CEIP Monte dos Postes.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os prazos de inscrición no Programa de Conciliación de Verán
A Xunta de Goberno aprobou este venres os prazos de inscrición no Programa de Conciliación de Verán que organiza o Departamento de Educación e Cidadanía. Será do 16 ao 31 de maio, e o programa desenvolverase nos período das vacacións do verán nos CEIPs das Fontiñas e Raíña Fabiola.
ALCALDÍA
O Ministerio de Medio Ambiente, disposto a estudar a construción da nova EDAR na actual localización da Silvouta
O Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente estudará a proposta do Goberno de Santiago para a construción da nova EDAR na parcela que ocupa a actual depuradora da Silvouta, utilizando a tecnoloxía granular aerobia. Así se acordou na reunión que esta mañá mantiveron en Madrid o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, coa directora xeral da Auga do Ministerio, Liana Sandra Ardiles.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Campaña Municipal de Animación á Lectura clausúrase este sábado cunha sesión de contos e música para público familiar
A XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago, organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía e por Kalandraka, chegará ao seu fin mañá sábado, 5 de maio, cunha sesión especial de contos e música a partir das 12:30 horas, aberta ao público familiar. Como xa viña sendo habitual en edicións anteriores, contará coa colaboración do alumnado da Escola Municipal de Música.