XUNTA DE GOBERNO
Iniciado o proceso de adxudicación da redacción do proxecto para os accesos da intermodal
A Xunta de Goberno acordou este venres iniciar o procedemento de adxudicación da redacción do proxecto de reurbanización da rúa Clara Campoamor, para adecuala á súa nova función de acceso á futura estación intermodal. O contrato terá un tipo de licitación de 121.000 euros, IVE incluído, e será financiado con cargo aos fondos FEDER do programa ReVive-Edusi Santiago.
CONVIVENCIA
Máis de 200 escolares de catro colexios participan na I Marcha Ciclista Escolar
As rúas de Compostela enchéronse na mañá de hoxe de centos de alumnos e alumnas de catro colexios da cidade, que participaron coas súas bicicletas na I Marcha Ciclista Escolar. Organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local, o obxectivo da iniciativa é que os nenos e nenas poñan en práctica o aprendido no parque infantil de tráfico, así como promover o uso da bicicleta como medio de transporte sustentable.