CONVIVENCIA
Máis de 200 nenos e nenas participarán o venres na I Marcha Ciclista Escolar
Máis de 200 alumnos e alumnas de catro centros de Educación Infantil e Primaria de Santiago participarán o próximo venres na I Marcha Ciclista Escolar, organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local. O obxectivo da iniciativa é que os nenos e nenas poñan en práctica o aprendido no parque infantil de tráfico, así como promover o uso da bicicleta como medio de transporte sostible.
ACCIÓN CULTURAL E CENTROS CÍVICOS
O Concello de Santiago celebra o Día das Letras Galegas con actividades ata finais de mes
O Concello está a desenvolver unha ampla programación para celebrar o Día das Letras Galegas, con actividades centralizadas en dous departamentos: Acción Cultural e Centros Cívicos. As súas responsables, Branca Novoneyra e Concha Fernández, presentaron hoxe as diferentes propostas, pensadas tanto para o público infantil como para o adulto.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, o dunha muller en Granada.
POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE
O Plan de Prevención en Drogodependencias incorpora máis dunha ducia de programas para reducir o consumo de drogas
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu a coñecer esta mañá o novo Plan Municipal de Prevención en Drogodependencias (2018-2021), aprobado onte polo Consello Municipal de Saúde. Na rolda estivo acompañado por María José Blanco e Jorge Carballido, da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD).
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata as obras na igrexa de Santo André de Barciela
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, interveuse na igrexa de Santo André de Barciela, situada na parroquia homónima. Esta actuación, desenvolta pola empresa Obras Gallaecia S.L., contou cun orzamento global de 37.412,32 euros.