XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras do estacionamento público da avenida de Ferrol
A Xunta de Goberno adxudicou este venres as obras do aparcadoiro público en superficie da avenida de Ferrol, ao que se van destinar algo máis de 95.000 euros. A actuación correra a cargo da empresa Arines.
CENTROS CÍVICOS
A rede de Centros Cívicos súmase á celebración do Día Internacional do Libro
A rede de Centros Cívicos súmase á celebración do Día do Libro cun amplo calendario de actividades que se desenvolverán nos centros de Fontiñas, Vite, Santa Marta e Conxo. A concelleira Concha Fernández presentou hoxe a programación, que inclúe exposicións, lecturas de textos, obradoiros infantís e trocos de libros.
TURISMO
Turismo de Santiago acode por primeira vez ao principal evento aeronáutico de Europa
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, anunciaron a participación da entidade municipal de promoción turística da cidade por primeira vez no Routes Online Europe, que nesta edición se celebra en Bilbao do 22 ao 24 de abril.
DEPORTE
Case 850 escolares de Compostela participarán nas actividades do Día da Educación Física na Rúa
O vindeiro 25 de abril, a praza da Quintana acolle as actividades de celebración do Día Internacional da Educación Física, que se celebra na nosa cidade dende hai varios anos. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deporte, Noa Morales, e por Álvaro Rivas, profesor de Educación Física do IES Rosalía de Castro.
XUNTA DE GOBERNO
Solicitada a inclusión na EDUSI dun programa de emprego que lle dará continuidade ás sendas verdes do río Sar
A Xunta de Goberno acordou hoxe remitir ao Ministerio de Facenda o proxecto "Iniciativa urbana sostible de patrimonio natural e emprego", para a súa inclusión na EDUSI e, xa que logo, o seu financiamento con fondos europeos FEDER. O programa está orzado en 360.000 euros e permitirá a contratación de 27 persoas desempregadas que acometerán os traballos de acondicionamento de novas sendas peonís, así como traballos de rehabilitación enerxética en inmobles municipais.
PLENO
Aprobada a adhesión ao convenio para desenvolver o proxecto "Compostela Rupestre"
O Pleno da Corporación aprobou na súa sesión ordinaria de abril a adhesión do Concello de Santiago ao convenio para regular o desenvolvemento do proxecto Compostela Rupestre. O acordo será asinado pola Deputación da Coruña e os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago, Teo, Val do Dubra e Vedra, co obxectivo de promocionar de forma conxunta o patrimonio rupestre dos diferentes municipios
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música e Circonove ofrecen este sábado un concerto con motivo do Día Internacional do Circo
Este sábado 21 de abril, ás 12:30 horas, a Finca de Vista Alegre terá lugar Concerto Extraordinario Día Internacional do Circo, protagonizado pola Escola Municipal de Música e a compañía Circonove. A sesión musical terá lugar diante do edifico da EMM, trasladándose ao interior do centro en caso de choiva.