CENTROS CÍVICOS
O Centro Sociocultural do Ensanche celebra dende este sábado o Día da Poesía e a chegada da primavera
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle dende este sábado 10 e ata o 21 de marzo diversas actividades relacionadas co Día da Poesía (21 de marzo) e co inicio da primavera (20 de marzo). O calendario abrirase cun acto simbólico, a colocación do tronco dunha árbore, que florecerá con poemas pouco a pouco grazas á colaboración dos usuarios e usuarias do centro.
CONVIVENCIA
A Policía Local realizará controis do uso do cinto e dos sistemas de retención infantil do 12 ao 18 de marzo
Do 12 ao 18 de marzo, a Policía Local realizará controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil (SRI), no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
XUNTA DE GOBERNO
O Concello reformará a praza da Constitución
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de execución da reforma da praza de Constitución, ao que se van destinar case 350.000 euros. A actuación ten o obxectivo de xerar espazos que poidan ser utilizados polos diferentes usuarios, mellorando a convivencia neste punto da cidade. O alcalde lembrou que o proxecto responde a un acordo aprobado no Pleno por unanimidade de toda a Corporación.
ALCALDÍA
Recoñecemento da Corporación a Borja Golán tras o seu décimo sexto título de campión de España de squash
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu esta mañá ao 16 veces campión de España de squash, Borja Golán. O compostelán vén ademais de gañar o Torneo de Montreal, dentro do Circuíto PSA World Tour, acadando a cifra de 32 torneos nesta competición.
LINGUA
O premiado espectáculo "Euria (Choiva)", proposta destacada do Apego para este mes de marzo
O calendario do Apego de marzo trae varias propostas familiares, entre as que destaca a representación de Euria (Choiva, que vén de gañar o premio ao mellor espectáculo na Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas (FETEN 2017). Teatro, música e contos completan a oferta programática do mes.
ACCIÓN CULTURAL
Los Pilotos, Aries, Presumido e BFlecha, protagonistas da segunda edición do ciclo musical Compostela Conversa
Compostela Conversa, o ciclo que nos descubre os vínculos de unión que se agochan tras algunhas das propostas artísticas máis interesantes do momento, anuncia a súa segunda edición con catro protagonistas moi especiais: Los Pilotos, a banda de Banin e Floren (Los Planetas), en pleno lanzamento do seu último disco; Aries, alter ego de Isabel Fernández, que volverá a redescubrirnos os sons curativos de Adieu or die; BFlecha, a produtora e DJ galega que experimenta con novos sons a través do.../em>
CONSORCIO
A exposición do escultor César Lombera permanecerá aberta ata despois de Semana Santa na Casa do Cabido, debido á grande afluencia de público
A Casa do Cabido acolle a exposición Parafernalia, unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera, autor das Marías e do Valle-Inclán da Alameda compostelá. Inaugurábase a finais de decembro do pasado ano e, dende entón, xa visitaron a mostra preto de 3.000 persoas. Este éxito de público levou ao Consorcio de Santiago a ampliar a súa permanencia na Casa do Cabido ata despois da Semana Santa.
ESPAZOS CIDADÁNS
Santiago participa na Asemblea Xeral do proxecto Smarter Together
O proxecto Smarter Together, do que forma parte Santiago como cidade seguidora, celebrou esta semana en Viena a súa Asemblea Xeral. Na reunión participou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte.