ALCALDÍA
Santiago e outros dez concellos rexeitan as emendas presentadas por PDeCAT e C's ao proxecto de Lei de Contratación Pública
O Concello de Santiago, xunto cos de Barcelona, Madrid, A Coruña, Ferrol, Zaragoza, Cádiz, Valencia e Terrassa, denunciou hoxe o atentado contra a autonomía local que supoñen varias emendas presentadas polo Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT) e Ciudadanos (C's) ao proxecto de Lei de Contratación Pública. En concreto, esas emendas poñen impedimentos aos procesos de municipalización que se están levando a cabo en diferentes municipios.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O alcalde recibe os nenos e nenas saharauís do programa Vacacións en Paz
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu esta mañá no Salón Vermello do Concello a catro nenos e unha nena saharauís que están a participar, xunto a outros cinco, no programa Vacacións en Paz, que un ano máis organiza o Departamento de Educación e Cidadanía.
FESTAS
A Real Filharmonía de Galicia acompañará este xoves a Uxía na Quintana
A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo, conmemorativas do Día de Galicia. A compostelá praza da Quintana acollerá este xoves, 20 de xullo, un concerto dirixido polo mestre titular da agrupación, Paul Daniel, ás 21:00 horas. As entradas, que eran gratuítas previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal, xa están esgotadas. En caso de choiva, a actuación trasladarase ao Auditorio de Galicia. O concerto repetirase o venres no Auditorio...
FESTAS
A "Ultranoite" de Chévere chega a Compostela na sexta xornada do Apóstolo
As festas do Apóstolo continúan unha xornada máis, nun mércores que traerá música, teatro e obradoiros para o goce de pequenos e maiores.
PATRIMONIO
Ser seguidor das Cidades Patrimonio nas redes sociais pode ter premio este verán
Este verán, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade quere dar aos seus seguidores a posibilidade de gañar unha noite nun Parador das Cidades Patrimonio a través de dúas accións en redes sociais. Unha delas pretende que os/as seguidores animen a novos amigos/as a coñecer as Cidades e outra que difundan as fotos das súas estancias nas Cidades durante o verán.