XUNTA DE GOBERNO
A empresa concesionaria do transporte urbano substituirá os autobuses máis deteriorados
A Xunta de Goberno autorizou este venres a substitución de sete vehículos adscritos ao servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros. Trátase de autobuses matriculados no ano 1999, e que presentan numerosas deficiencias que viñan suscitando as queixas dos usuarios.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello de Santiago participa na Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local
O Concello de Zaragoza acolleu a Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local (Redel). A técnica municipal Carme Casado participou nesta xuntanza, na que se aprobaron as incorporacións a Redel do Concello de Medina del Campo e de IMPEFE (Instituto Municipal de Promoción Económica, Formación e Emprego de Cidade real). Polo tanto, a rede está formada xa por 17 entidades.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica o traballo das Asociacións de Amigos do Camiño
O alcalde, Martiño Noriega, participou este venres na inauguración do Simposio Internacional de Hospitalidade e Xestión Medioambiental no Camiño de Santiago, que se desenvolve hoxe e mañá no Hostal dos Reis Católicos. Este foro serve de peche a un proxecto desenvolvido pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEACCS), no marco do proxecto europeo LifeStars + 20.
DEPORTE
A Festa do Deporte reunirá as entidades deportivas de Santiago nun evento único
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá os detalles da I Festa do Deporte, un evento novidoso que quere reunir en torno ao deporte o maior número de asociacións e veciñanza posible.
ACCIÓN CULTURAL
A XII Mostra Internacional de Cine Etnográfico proxectará 16 filmes do 29 de maio ao 3 de xuño
A concelleira María Rozas, presentou esta mañá no Teatro Principal, acompañada da directora do MICE, Ana Estévez; da coordinadora da sección de Etnografía, Xisela Franco; e dun representante de Cineclub Compostela, Iván García, a duodécima edición da Mostra Internacional de Cine Etnográfico.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local impulsa un novo obradoiro de emprego para avanzar no acondicionamento do Sar
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto do Obradoiro de Emprego Ecotur Xuvenil III, que contempla a execución dunha nova fase do acondicionamento das beiras do Sar, no tramo comprendido entre Ponte Suarribas e Ponte da Fervenza. O alcalde explicou que esta actuación "permitirá darlle continuidade ás sendas realizadas no marco das dúas primeiras edición do Ecotur Xuvenil", e insistiu en que a intención do Goberno é "acondicionar todo o tramo dende Sar ata a zona do Banquete de Conxo".
LINGUA
O CSC de Santa Marta, escenario este sábado da final do Club de Debate
O Centro Sociocultural de Santa Marta acollerá este sábado a final do Club de Debate, organizado polos servizos de normalización lingüística de varios concellos, entre eles Santiago.