TURISMO
RTVE gravará este ano o capítulo sobre Santiago da serie documental en 4K "Cidades españolas Patrimonio da Humanidade"
RTVE producirá a serie documental en 4K Cidades españolas Patrimonio Mundial, na que mostrará a riqueza histórica e cultural das 15 cidades de España declaradas Patrimonio Mundial pola UNESCO. A Corporación e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España asinaron este mércores o convenio de colaboración para comezar este ano a produción da serie. O capítulo sobre Santiago de Compostela gravarase este mesmo ano 2016.
ACCIÓN CULTURAL
Homenaxes musicais a Shakespeare e Cervantes na axenda cultural de febreiro
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou este mércores a axenda cultural do mes de febreiro. Música, teatro e arte conforman unha programación con espectáculos para todos os públicos.
ALCALDÍA
Martiño Noriega participou no acto inaugural do encontro "100 consellos para 2016"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asistiu á inauguración de 100 consellos para 2016, II Encontro para Directivos Líderes de Galicia, celebrado durante a mañá deste mércores no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
POLÍTICAS SOCIAIS
Concha Fernández asiste á entrega dos diplomas das accións formativas de Cáritas
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, acudiu esta mañá á sede de Cáritas Interparroquial na rúa do Hospitaliño para entregar os diplomas dos cursos formativos que impartiu a entidade. En total foron seis accións ás que acudiron 91 persoas.
MEDIO AMBIENTE
Xan Duro recolleu o diploma concedido a Santiago como finalista nos Premios Ciudad Sostenible polo proxecto Tropa Verde
O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, recolleu de mans da ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente en funcións, Isabel García Tejerina, o diploma que recoñece ao Concello de Santiago como finalista nos XIII Premios Ciudad Sostenible, promovidos pola Fundación Fórum Ambiental. A cidade foi distinguida na categoría "Xestión de Residuos", polo proxecto Tropa Verde.