TURISMO
Turismo e Turkish Airlines renovan a súa colaboración para promocionar a cidade
O alcalde de Santiago e presidente do Consello de Administración de Turismo de Santiago, Martiño Noriega, e o responsable de Turkish Airlines en Galicia, Ertan Alpay, asinaron no Pazo de Raxoi un novo convenio de colaboración entre a empresa municipal de promoción turística e a compañía turca. O convenio, que non contempla ningunha aportación económica por ningunha das partes, está destinado á promoción da cidade como un destino turístico na rede de destinos onde opera a aeroliña turca.
COMERCIO
O Concello dinamiza Conxo coa elaboración de tres murais en locais abandonados
A concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, Marta Lois, achegouse esta mañá ao barrio de Conxo co presidente da asociación Esperta Conxo, Xulio Turnes, para visitar os murais que tres artistas realizaron en tres locais do barrio.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
Encontro coa presidenta de Unicef-Galicia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuníronse no Pazo de Raxoi coa presidenta de Unicef-Galicia, Myriam Garabito.
ALCALDÍA E DEPORTE
O alcalde saudou os xogadores e técnicos do Rio Natura Monbus Obradoiro antes da súa participación na Copa do Rei de baloncesto
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, saudaron os xogadores e técnicos do Rio Natura Monbus Obradoiro antes da súa participación na Copa do Rei de baloncesto, que se celebrará na Coruña do 18 ao 21 de febreiro.
ALCALDÍA
Martiño Noriega escoitou as demandas da Asociación Veciñal As Marías
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa Asociación Veciñal As Marías. A xuntanza tivo lugar no CS O Pichel.
PATRIMONIO
A Comisión de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade presenta os seus plans para os próximos meses
A Casa Árabe de Madrid acolleu a reunión da Comisión de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, na que Compostela estivo representada polo concelleiro de Espazos Cidadáns Jorge Duarte. Esta comisión, presidida pola alcaldesa de Cáceres, Elena Nevado, ten como obxectivo poñer en marcha actividades relacionadas coa conservación e os valores dos conxuntos históricos das 15 cidades do grupo.