EMPREGO
Compostela celebra o Foro da Intermediación e o Emprego os vindeiros días 29 e 30 de abril
Santiago de Compostela celebra os vindeiros días 29 e 30 de abril o Foro da Intermediación e o Emprego, que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións. Promovido pola concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo a través da Axencia Local de Colocación, en colaboración coas entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego e cofinanciada polo FSE, esta iniciativa ten coma obxectivo favorecer a mellora das competencias e cualificacións profesionais das persoas demandantes de emprego e informar sobre recursos e...
EDUCACIÓN
A banda da Escola Municipal de Música de Santiago participa no III Festival de Bandas Xuvenís de Santa Cruz de Ribadulla
A banda da Escola Municipal de Música de Santiago participa no III Festival de Bandas Xuvenís de Santa Cruz de Ribadulla, que se celebra este domingo, día 26 de abril, a partir das 17:00 horas, na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla.
ALCALDÍA
O alcalde sumouse ao Camiño da Diversidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no xantar organizado no Monte do Gozo pola Fundación Ingada. Máis tarde, uniuse á parte final do percorrido do Camiño de Santiago, que nesta ocasión se transformou nun Camiño da Diversidade, ata chegar á praza do Obradoiro.
ALCALDÍA
Monicreques xigantes protagonizaron unha innovadora versión de "Romeo e Xulieta" coa Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebrou un concerto familiar na Cidade da Cultura, baixo a dirección do mestre romanés Mihnea Ignat. A formación estivo acompañada nesta ocasión da compañía Títeres Per Poc para representar fragmentos de Romeo e Xulieta. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, achegouse ata o Museo Centro Gaiás para asistir ao concerto.