MEDIO AMBIENTE
O Goberno local acometerá melloras puntuais para minimizar os problemas de asolagamento en caso de temporal
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou este martes o resultado do estudo de puntos conflitivos en períodos de fortes choivas, que lle fora encargado a Viaqua despois do temporal que causara importantes asolagamentos a comezos de outubro. O informe foi elaborado en colaboración coa Policía Local e os Bombeiros e, segundo explicou Xan Duro, desvela a existencia de problemas estruturais en toda a cidade e de deficiencias na execución de determinadas obras, que favorecen que se produzan inundacións en caso de fortes chuvias. Só en dous...
ACCIÓN CULTURAL
"Frankenstein-04155" e "Une Jeunesse Allemande", dous documentais a reivindicar, na xornada do mércores 18 en Cineuropa
Ás 20:00 h deste mércores, un Teatro Principal cheo ata a bandeira recibirá ao director Aitor Rei na estrea da súa moi esperada Frankenstein-04155, película documental que analiza as múltiples variables que influíron no fatal accidente do Alvia 04155 o 24 de xullo de 2013. Producida por Boneca Lareta, conta coa colaboración da Plataforma de Vítimas Alvia 04155 e recibiu financiamento a través de achegas de particulares mediante unha plataforma de crowdfunding. Unha estrea ineludible.
TURISMO
Santiago de Compostela promociónase en Barcelona como cidade de congresos
Turismo de Santiago, a través do seu servizo para a promoción da cidade como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, o Santiago de Compostela Convention Bureau, participa na IBTM World, a feira máis importante do sector congresual no mercado español, que se celebra en Barcelona entre o 17 e 19 de novembro.
EDUCACIÓN
O Concello garante a normalidade na prestación do servizo de comedores
O alcalde de Santiago informou hoxe da renuncia de Serunión a ser a adxudicataria dos comedores escolares nos cursos 2015-2016. A decisión desta empresa, que actualmente presta o servizo, chega despois de que tamén renunciaran ao contrato a malagueña Perea Rojas (que fora a máis valorada na mesa de contratación e que perdeu recentemente os contratos que tiña coa Xunta por non garantir a calidade do servizo); e a compostelá Ruta Xacobea (segunda clasificada no procedemento).
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia interpreta este xoves a Sinfonía nº 6 de Mahler, con arranxo do compositor Xoán Trillo
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos no Auditorio de Galicia. O primeiro será o xoves 19, ás 21:00 horas. Ao día seguinte, o venres, a orquestra ofrecerá un concerto didáctico para escolares, ás 11:00 horas. En ambas citas levará a batuta o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.