DEPORTES
Santiago acolle este sábado o Campionato Galego Sénior de Karate
O pavillón polideportivo do Restollal acolle este sábado, 13 de decembro, o Campionato Galego Sénior de Karate, nas modalidades de kumite e kata individual masculino e feminino. O Concello de Santiago patrocina esta cita, organizada pola Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego.
CONSORCIO
Os máis pequenos poderán construír os seus propios instrumentos musicais esta fin de semana no Museo das Peregrinacións
O Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) promove esta fin de semana tres novos obradoiros didácticos para nenos de entre 6 e 12 anos. Os máis pequenos teñen así a oportunidade de achegárense á historia da cidade a través de xogos.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que coa posta en servizo do colector do Sar se poderá falar "dun antes e dun despois na calidade ambiental do río"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, asinaron en Raxoi un convenio para a finalización das obras de saneamento do río Sar e a posterior xestión, mantemento e conservación das instalacións. Posteriormente, visitaron un tramo do colector do Sar.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Oferta diversa de actividades nos centros socioculturais para esta fin de semana
Os centros socioculturais acollen estes próximos días unha intensa actividade preparatoria para o Nadal, con obradoiros, un mercado de troco e as primeiras visitas dos paxes reais.
PATRIMONIO
Nova guía de boas prácticas de accesibilidade para as Cidades Patrimonio de España
Presentada a Guía de Buenas Prácticas de accesibilidad para los recursos turísticos de las Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España, elaborada pola Plataforma Repre¬sentativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física (PREDIF) por encargo do GCPHE.
CONSORCIO
O trompetista da Filarmónica de Málaga formará neste instrumento a 12 músicos galegos na Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do trompetista de orixe francesa David Llavata, solista da Orquesta Filarmónica de Málaga. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense doce prazas para músicos externos ao centro.
FACENDA
Pleno cos alumnos do IES Xelmírez I
O concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga, presidiu un pleno sobre temas económicos no que participaron alumnos e alumnas do IES Xelmírez I. Acompañaron ao edil a directora da Área de Facenda, Carmen Gómez, e o interventor municipal, Vicente Calvo.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o labor dos galardoados nos Premios Manuel Beiras para "desactivar prexuízos lingüísticos" en torno ao galego
Conxelados José Bermúdez, Promove Consultoría e Formación e a Asociación Puntogal recibiron as súas distincións como gañadores dos XV Premios Manuel Beiras. O acto, celebrado no Museo das Peregrinacións e de Santiago, foi presidido polo alcalde compostelán, Agustín Hernández.
TURISMO
A caza, o marisco e os escumosos galegos, protagonistas da primeira xornada de Compostela Gastronómica Nadal
Arrancou a edición especial de Nadal de Compostela Gastronómica, unha iniciativa do Concello de Santiago que se desenvolverá na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos ata o sábado 13 de decembro. Na súa xornada inaugural, Compostela Gastronómica celebrou tres dos doce obradoiros que compoñen o programa dirixido a público adulto, tanto profesionais coma afeccionados, e cuxo eixo temático é a gastronomía do Nadal.
ALCALDÍA
Agustín Hernández considera unha boa noticia para a cidade a aposta de Vueling polo aeroporto de Lavacolla
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, cualificou de "boa noticia" a decisión da compañía Vueling de incrementar a sua aposta por Santiago de Compostela e reforzar en especial as conexións internacionais.