CIDADE HISTÓRICA
Ábrese o procedemento de contratación das obras de recuperación da Finca do Espiño para o uso público
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou a apertura do procedemento de contratación do proxecto de recuperación e acondicionamento da Finca do Espiño como parque público. Esta actuación ten un presuposto de 976.22 euros e permitirá recuperar para os cidadáns 18.000 metros cadrados de zonas verdes.
FACENDA
Listas para o debate no Pleno unhas contas que blindan o gasto social e apostan polas políticas de emprego e a equidade fiscal
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, presentou os orzamentos 2013, que prevén uns gastos de 93.284.729 euros e uns ingresos de 96.525.739 euros, cun superávit de 3,5 millóns de euros. Estas contas, segundo a edil, están marcadas polas políticas de promoción do emprego e o investimento, a blindaxe do gasto social e dos servizos públicos básicos, a promoción económica e a equidade fiscal. O orzamento será sometido á aprobación inicial do Pleno na sesión ordinaria deste mes de...
ECONOMÍA
Gabriel Ginebra explicará como superar a incompetencia nun obradoiro dirixido a empresarios e emprendedores
O Cersia acolle mañá mércores, ás 19:00 horas, un obradoiro formativo na xestión empresarial dentro do programa municipal Santiago Investors Support, dirixido a empresarios e emprendedores. O obradoiro, baixo o título Como afrontar e superar a incompetencia?, será dirixido polo reputado consultor Gabriel Ginebra, que en 2012 recibiu o premio como autor do Mellor Libro de Empresa 2012 por El japonés que estrelló el tren para ganar tiempo.
XUVENTUDE
Inaugurado o Curso de Formación en Coaching Laboral organizado por Xuventude
A Casa das Asociacións de Cornes acolle os días 16, 18 e 23 un Curso de Formación en Coaching Laboral, organizado pola Concellería de Xuventude. A súa titular, Rebeca Domínguez, inaugurou as sesións.
ALCALDÍA
Conferencia de José Carro Otero sobre a información médica do Códice Calixtino
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á conferencia do presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero.